Masatoshi Koshiba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Masatoshi Koshiba
Masatoshi Koshiba 2002.jpg
Nacemento19 de setembro de 1926
 Toyohashi
NacionalidadeXapón
Educado enUniversidade de Toquio
Ocupaciónfísico e profesor
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Ordem da Cultura, Premio Nobel de Física, Medalla Benjamin Franklin, Order of the Rising Sun, 1st class, Prêmio Wolf de Física, Alexander von Humboldt Fellow, Pessoa de Mérito Cultural, Asahi Prize, Fellow of the American Physical Society, Prêmio Panofsky, Prêmio Wolf de Medicina, Prêmio Humboldt e Fellow of Bangladesh Academy of Sciences
editar datos en Wikidata ]

Masatoshi Koshiba, 小柴 昌俊, こしば まさとし, nado o 19 de setembro de 1926 en Toyohashi (Prefectura de Aichi) é un físico xaponés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gañou o Premio Nobel de Física en 2002 polas súas contribucións pioneiras en astrofísica, en particular pola detección de neutrinos cósmicos.

Na década de 1980 Koshiba continuando os traballos iniciados polo químico norteamericano Raymond Davis Jr. vai construír un detector soterráneo de neutrinos nunha mina de cinc, Kamiokande II, un tanque enorme de auga rodeado por detectores electrónicos para detectar os fluxos de luz que se producen cando os neutrinos interacionan reciprocamente cos núcleos atómicos en moléculas de auga. Confirmou os resultados de Davis, que o Sol produce neutrinos e que se atoparon menos dos que se agardaba. En 1987 Koshiba tamén atopou neutrinos na explosión dunha supernova, fóra do Sistema Solar. En 1996 cun detector máis sensible, Super-Kamiokande, Koshiba atopou evidencias do que os científicos xa sospeitaban, os neutrinos, dos cales se coñecen tres tipos, cambian de tipo no seu desprazamaneto através do espazo.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Masatoshi_Koshiba&oldid=4937845"