Matamá, Vigo
Matamá | |
---|---|
![]() Petróglifos de Redondelos. | |
Concello | Vigo |
Poboación | 3.880 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 42 |
San Pedro de Matamá é unha parroquia do concello de Vigo. Segundo o IGE en 2013 tiña 3.880 habitantes. Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Coia, Comesaña e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo Andrés. Ten 42 entidades de poboación.
O topónimo Matamá é un fitónimo derivado de MATTA (de orixe prerromana) MALA (de orixe latina), referido a un terreo de pouca calidade ou difícil de traballar[1].
Índice
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Conta cun importante patrimonio arqueolóxico con restos da Idade de Bronce. Posúe mostras de arte rupestre no Monte Fabal, no barrio de Mó, en Gáspara, nas Tomadas e nos Sobreiros. Ademais, Matamá posúe dous poboados castrexos.
A igrexa parroquial de San Pedro é de estilo neoclásico e foi construída a finais do século XVIII. Na zona abundan as fontes e os lavadoiros e, nos barrios de Balsa e das Carneiras, hai varios muíños de auga. O cemiterio alberga o único cruceiro de Matamá, construído no 1691.
Na Zona Franca está situada a fábrica de PSA-Citroën.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Matamá[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Matamá no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra | |
---|---|
Balsa | Balvís | A Barxa | Beirán | Budiño | Campos | A Carapucha | Carballo | As Carneiras | A Carpinteira | O Castro | O Cocho de San Pedro | Coto do Mouro | A Devesa | O Fabal | Fontela | A Igrexa | A Lagarella | A Lameira | Loureiro | Maruxento | Mina das Carneiras | A Mó | O Outeiro | Parada | O Pazo | Pereiró | Raxó | A Revolta | Ribás | Ribelas | O Roupeiro | Sabarís | Salgueiral | San Amaro | Souteliño | Suolvido | As Veigas | A Veiguiña | Vilar | A Xesteira | Xuncal |
Parroquias de Vigo[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Navaza, G.: Fitotoponimia galega, p. 334. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 2006.