Mateo Vázquez de Leca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Mateo Vázquez de Leca, nado en 1542 e finado en Madrid o 5 de maio de 1591, foi un home ligado á igrexa católica española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe escura, sábese pouco da súa mocidade. Segundo un expediente aberto pola inquisición do Reino de Sardeña no ano 1572, chegouse á conclusión de que era fillo de Santo de Ambrosini de Leca e Isabel de Luchiano, naturais da localidade Corsa de Coya.

Foi protexido de Diego Vázquez de Alderete, cóengo de Sevilla, tomando del o seu primeiro apelido. En Sevilla iniciou os seus estudos, probablemente na Compañía de Xesús, para pasar, en 1565, ao servizo de don Diego de Espinosa, presidente da Casa de Contratación de Sevilla. Cando don Diego foi nomeado presidente do Consello de Castela, Mateo Vázquez acompañouno como axudante a Madrid, ordenándose sacerdote.

En 1572 morre Diego de Espinosa quen lega os seus servizos a Filipe II, obtendo o cargo de secretario real o 29 de marzo de 1573.

Aínda que careceu de maior cargo, Vázquez exerceu unha enorme influencia nas decisións do monarca, converténdose nun dos máis estreitos colaboradores de Filipe II. A súa rivalidade con Antonio Pérez e Ana de Mendoza de la Cerda, Princesa de Eboli, levouno a intrigar na súa contra, sendo un dos que fixeron estalar o escándalo que provocou o encarceramento de Pérez e o desterro da princesa. Tras a caída de Pérez, a influencia de Vázquez alcanzou as máis elevadas cotas ata o seu falecemento o 5 de maio de 1591 debido á gota.

Predecesor:
Antonio Perrenot de Granvela
Secretario de estado do goberno de España
1586 - 1591
Sucesor:
 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina de artehistoria sobre Mateo Vázquez de Leca (en castelán)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mateo_Vázquez_de_Leca&oldid=4531227"