Matilde González Palau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Matilde González Palau
Nacemento1 de xaneiro de 1912
 Almansa
Falecemento16 de maio de 2002
 Valencia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e poeta
editar datos en Wikidata ]

Matilde González Palau, chamada Matilde Llòria, nada en Almansa (Albacete) o 1 de xaneiro de 1912 e falecida en Valencia o 16 de maio de 2002, foi unha escritora en castelán, catalán e galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu dende que tiña un mes en Alzira, en 1942 pasa a residir en Ourense. En novembro de 1954 foi homenaxeada pola asociación cultural "Posío, Arte y Letras". O discurso de ofrecemento foi pronunciado por Ramón Otero Pedrayo e no acto participaron ademais outras personalidades da sociedade ourensá. Gañou o concurso literario convocado polo Centro Galego de Buenos Aires con motivo do 50 Aniversario da morte de Curros Enríquez coa obra Centileo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estaba casada co médico Federico Llòria, que exerceu na Merca e Ourense e foi médico do Instituto de Previsión de Ourense até 1969.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Camino del cántico, 1949 (poemario en castelán)
  • Aleluya, 1952 (poemario en castelán)
  • Canción de navidad, 1965 (poemario en castelán)
  • Altissim regne, 1964 (poemario en catalán)
  • Caixiña de música, 1971 (poemario en galego; prólogo de Otero Pedrayo)
  • Lloc per a esperança, 1975 (poemario en catalán)
  • Un fulgor que se apaga, 1981 (poemario en castelán)
  • Dou fe, 1994 (poemario en galego)
  • Irrepetible alondra, 1996 (poemario en castelán)
  • Diario de una adolescente, 1997
  • Unha casa no tempo, 2001 (poemario en galego)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Matilde_González_Palau&oldid=4903048"