Maurits Cornelis Escher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maurits Cornelis Escher
Escher.jpg
Nacemento 17 de xuño de 1898
  Leeuwarden
Falecemento 27 de marzo de 1972
  Hilversum
Soterrado New general cemetery Baarn
Nacionalidade Reino dos Países Baixos
Educado en sen etiquetar
Ocupación gravador, ilustrador, postage stamp designer e pintor
Pai George Arnold Escher
Nai Sara Adriana Gleichman
Coñecido/a por Still Life with Spherical Mirror, Waterfall e Ascending and Descending
Premios Knight of the Order of Orange-Nassau
editar datos en Wikidata ]
Museo Escher na Haia.

Maurits Cornelis Escher, nado en Leeuwarden o 17 de xuño de 1898 e finado en Laren o 27 de marzo de 1972, foi un artista neerlandés, coñecido polos seus gravados en madeira (xilografías), en pedra (litografías) e a media tinta, que trataban de representar construcións imposibles, a exploración do infinito, e as combinacións de motivos que se transforman gradualmente en formas totalmente diferentes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Maurits Cornelis Escher foi o fillo máis novo dun enxeñeiro hidráulico. En 1903, a familia mudouse a Arnhem. O seu profesor F.W. van der Haagen ensinoulle a técnica dos gravados en linóleo e foi unha grande influencia para o mozo Escher.

Obra[editar | editar a fonte]

Con respecto ás técnicas utilizadas, Escher utilizou case exclusivamente recortes de madeira ata o ano 1929. Logo interesarase moito máis pola litografia e a xilogravura. Fixo gravados en madeira, e tamén uns 2.000 debuxos e borradores. De moitos existen decenas de reproducións, centos e ata miles doutros. Ao final da súa carreira destruíu algunhas das pranchas para que non se realizasen máis reproducións de orixinais. Tamén existen estudos e borradores de moitas das súas obras, en ocasións tamén varias versións dalgunhas delas. Moitas das súas obras vendéronse masivamente pouco despois da súa morte e están esparexidas polo mundo. Un grupo importante está exposto de forma permanente no Museo Escher na Haia (Países Baixos).

A súa obra experimenta con diversos métodos de representar (en debuxos de 2 ó 3 dimensións) espazos paradoxais que desafían aos modos habituais de representación. A obra de Maurits Cornelis Escher interesou a moitos matemáticos.

Relevo representando un dos gravados de Escher.

A análise das súas obras, tal e como a definiu Bruno Ernst, un dos seus biógrafos, permite clasificalas basicamente en tres temas e diversas categorías:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Maurits_Cornelis_Escher&oldid=4711230"