Mauro Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mauro Varela Pérez")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Mauro Varela
Praza Publica-varelacomparece.png
Mauro Varela na comparecencia ante a comisión das caixas no Parlamento de Galicia en xuño de 2013.
Nacemento 1941
  Lugo
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Mauro Varela Pérez, nado en Lugo en 1941, é un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Mauro Varela Fernández. Avogado. Nas eleccións xerais de 1989 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Partido Popular. Volveu ser elixido deputado por Lugo nas xerais de 1993 e 1996. Renunciou ao escano en 1997, sendo substituído por Manuel González Fernández. Foi elixido parlamentario pola provincia de Lugo nas eleccións autonómicas de 1997. Foi vicepresidente do Consello de Administración e presidente da Comisión de Control de Caixa Galicia. Foi co-presidente de Novacaixagalicia e conselleiro de Novagalicia Banco, dimitindo do cargo o 25 de xuño de 2012 logo dunha polémica por unhas declaracións súas[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mauro_Varela&oldid=4780068"