Maverick Viñales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Maverick Viñales
Nacionalidade España España
Maverick Viñales
Categoría actual MotoGP
Nº Moto 25
Equipo actual Yamaha

Maverick Viñales Ruiz, nado en Figueres (Xirona) o 12 de xaneiro de 1995, é un piloto catalán de motociclismo que actualmente compite na categoría de Moto GP dentro do equipo Yamaha.

Debe o seu nome ó personaxe interpretado por Tom Cruise no filme Top Gun.[1] Foi campión do mundo na categoría de Moto 3 no ano 2013 e dende a tempada 2015 compite en Moto GP.

Historial[editar | editar a fonte]

Comeza a súa andaina no ano 2011 no equipo SuperMartxé VIP, patrocinado pola estrela dos medios Paris Hilton.[2] Nese ano remata terceiro o campionato, recibindo o título de mellor debutante. A primeira vitoria chegoulle en Le Mans por diante de Nico Terol e converteuse no terceiro piloto máis novo en chegar o alto do podio con 16 anos e 116 días, só por detrás de Marco Melandri e Scott Redding.

No 2012, desaparece a cilindrada de 125cc e Maverick parte coma un dos favoritos para acadar o título na nova categoría de Moto3. O seu rendemento foi inconsistente ó longo de todo o ano pero malia acadar cinco vitorias na primeira metade da tempada, varias caídas e diferentes problemas reducen as súas esperanzas de facerse co título. A falta de tres carreiras para finalizar o ano e aínda con posibilidades de ser campión, no Gran Premio de Malasia, abandona o equipo e retorna a casa, regalándolle o mundial ó alemán Sandro Cortese[3] e inclusive o subcampionato a Luis Salom.

Comeza o 2013 cun equipo novo, o Calvo Team, compartindo box coa piloto Ana Carrasco. O campinato foi disputado ata o final entre Viñales, Salom e Álex Rins. Na penúltima cita do calendario no circuíto de Motegi en Xapón Viñales chegaba por detrás de Rins e Salom, pero os seus rivais non conseguirían puntuar por mor de dúas caídas, unha de elas provocada por Isaac Viñales, curmán de Maverick.[4] Deste xeito, os tres pilotos chegarían á derradeira data no Circuíto Ricardo Tormo de Valencia separados por cinco puntos. Salom por mor dunha caída só acadou a décimo cuarta praza, pero a loita con Rins chegou ata a última curva da tempada onde remataría por impoñerse e conseguir o título Viñales.[5]

No 2014 dá o salto á categoría intermedia Moto2 co equipo Pons Racing, compartindo box co seu rival dos últimos anos Luis Salom, este ano conseguirá outra vez o premio de debutante do ano e rematará terceiro o campionato por detrás do absoluto dominador da tempada Tito Rabat e do finés Mika Kallio, conseguindo vencer nas probas de Cataluña, Italia e Aragón. No mes de setembro, anúnciase a súa fichaxe polo equipo Suzuki de MotoGP para o seguinte ano.

Viñales na Arxentina no 2016 coa súa Suzuki.

O retorno de Suzuki ó mundial no ano 2015 é discreto e Maverick acadará unha discreta décimo segunda posición ó final do campionato, pero volve a obter o distintivo de mellor debutante da categoría. Pola contra, a moto nipona amósase moito máis competitiva no ano 2016 e tras un podio en Le Mans, consegue a primeira vitoria para Suzuki dende o ano 2007 e sube o máis alto do caixón por vez primeira en MotoGP no Gran Premio de Reino Unido de 2016.[6] Consegue un máis que meritorio cuarto posto na clasificación final do mundial. Cando Jorge Lorenzo anuncia a súa marcha a Ducati para a tempada 2017, Yamaha ficha a Viñales para suplir a súa baixa a carón de Valentino Rossi.[7]

Viñales coa Yamaha 2017 en Doha.

Co salto a Yamaha, no ano 2017 convértese automaticamente en serio aspirante ó título da categoría raíña e no seu comezo non decepciona, acadando a vitoria nas dúas primerias probas do calendario, Doha[8] e Arxentina.[9]

Tempada Categoría Moto Equipo Número Carreiras Vitorias Podiuos Pole Volta Rápida Pts Pos
Modelo:MGP 125cc Aprilia Blusens by Paris Hilton Racing 25 17 4 9 3 3 248
Modelo:MGP Moto3 FTR Honda Blusens Avintia 25 15 5 7 5 1 207
Modelo:MGP Moto3 KTM Team Calvo 25 17 3 15 2 3 323
2014 Moto2 Kalex Paginas Amarillas HP 40 40 18 4 9 1 5 274
Modelo:MGP MotoGP Suzuki Team Suzuki Ecstar MotoGP 25 18 0 0 0 0 97 12º
Modelo:MGP MotoGP Suzuki Team Suzuki Ecstar MotoGP 25 18 1 4 0 2 202
Modelo:MGP MotoGP Yamaha YZR-M1 Movistar Yamaha MotoGP 25 3 2 2 1 1 50*
Total 105 19 46 12 15 1401
  • Tempada en curso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mejías, Sergi (2016-09-05). "El secreto del nombre Maverick Viñales". sport (en español). Consultado o 2017-04-24. 
  2. 20Minutos. "Paris Hilton presenta su equipo de motos junto a Gadea y Viñales - 20minutos.es". 20minutos.es - Últimas Noticias. Consultado o 2017-04-24. 
  3. elmundo.es. "La espantada de Maverick". Consultado o 2017-04-24. 
  4. FOX Sports (2013-10-27). "Moto3: Isaac Viñales Flips Over Luis Salom - Japanese GP". Consultado o 2017-04-24. 
  5. Albiac, Laura López (2013-11-10). "Maverick Viñales campeón del mundo de Moto3 | motociclismo | sport.es". sport (en español). Consultado o 2017-04-24. 
  6. "MotoGP 2016: British GP results, Maverick Vinales takes maiden win at Silverstone". Fox Sports (en inglés). 2016-09-04. Consultado o 2017-04-24. 
  7. "Maverick Viñales ficha dos años por Yamaha". ELMUNDO (en español). Consultado o 2017-04-24. 
  8. País, Ediciones El (2017-03-27). "Maverick Viñales hace buenos los pronósticos y gana en Qatar". EL PAÍS (en español). Consultado o 2017-04-24. 
  9. "Maverick Viñales no encuentra rival en Argentina". La Vanguardia. Consultado o 2017-04-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Maverick_Viñales&oldid=4363981"