Max Perutz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Max Ferdinand Perutz
Nobel prize medal.svg
Max Perutz.jpg
Datos persoais
Nacemento 19 de maio de 1914
Lugar Viena Flag of Austria-Hungary (1869-1918).svgImperio austrohúngaro
Falecemento 6 de febreiro de 2002 (87 anos)
Lugar Cambridge Inglaterra Inglaterra
Causa cancro
Residencia Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade Reino Unido, Austria e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Cónxuxe
  • Gisela Peiser (1942)
  • Fillos Robin Perutz
    Relixión xudeu
    Actividade
    Campo
  • Bioloxía molecular
  • Cristalografía
  • Alma máter
  • Universidade de Viena
  • facultade Peterhouse, Cambridge da Universidade de Cambridge
  • Director de tese
  • John Desmond Bernal
  • Alumnos de tese
  • James Watson
  • Francis Crick
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Estudio da estrutura das proteínas da hemoglobina
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1962)
  • Orden ao Mérito do Reino Unido (OM)
  • Medalla Royal (1971)
  • editar datos en Wikidata ]

    Max Ferdinand Perutz, OM nado o 19 de maio de 1914 en Viena (Imperio austrohúngaro) e finado o 6 de febreiro de 2002 en Cambridge, (Inglaterra), foi un químico británico, de orixe austríaco, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1962.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Naceu na cidade de Viena, naqueles momentos situada no Imperio austrohúngaro, pero que hoxe en día é a capital de Austria. Estudou química na Universidade de Viena, onde se licenciou en 1935. Ao ano sigüiente ingresou no Laboratorio Cavendish da Universidade de Cambridge en Inglaterra como estudante de investigación baixo a dirección de John Desmond Bernal. Durante a II Guerra Mundial (1939-1945) foi arrestado acusado de ser inimigo do goberno británico e pasou dous anos (1941-1943) en campos de prisioneiros. En 1943 foi liberado e en 1945 permitíuselle renovar o seu traballo en Inglaterra.

    En 1962 converteuse en presidente do Laboratorio de Bioloxía Molecular de Cambridge, cargo que ocupou ata 1979.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Nos Laboratorios Cavendish iniciou a súa investigación acerca da hemoglobina. No laboratorio de bioloxía molecular do Britain's Medical Research Council, e en colaboración con John Cowdery Kendrew, continuou estudando a estrutura das proteínas da hemoglobina, en particular a hemoglobina da sangue de cabalo, mediante a utilización da difracción de raios X.

    A principios da década de 1950 Perutz converteuse en mentor de James Watson, momento no cal Watson determinou, xunto a Francis Crick, a estrutura do ácido desoxirribonucleico (ADN).

    En 1953 descubriu que, incorporando un átomo pesado (ouro ou mercurio) a cada unha das moléculas da rede cristalina da hemoglobina, producíanse pequenas modificacións na súa correspondente posición, a interpretación do cal permitiulle dar a coñecer en 1960 o primeiro modelo tridimensional da molécula da hemoglobina. En 1959 conseguiu determinar a estrutura molecular da mioglobina, pola cal Perutz e Kendrew foron galardoados co Premio Nobel de Química de 1962.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Melvin Calvin
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    1962
    con
    John Cowdery Kendrew
    Sucesor:
    Karl Ziegler
    e
    Giulio Natta


    Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Max_Perutz&oldid=4934386"