Max von Laue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Max von Laue Nobel prize medal.svg
Max von Laue.jpg
Datos persoais
Nacemento9 de outubro de 1879
LugarPfaffendorf, Imperio alemán
Falecemento24 de abril de 1960 (80 anos)
LugarAlemaña Berlín, Alemaña
Causaaccidente de tráfico
SoterradoStadtfriedhof de Göttingen
ResidenciaAlemaña Alemaña
NacionalidadeAlemaña Alemá
FillosTheodore Hermann Von Laue
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade de Estrasburgo
Director de teseMax Planck
Contribucións e premios
Coñecido porDifracción de raios X
Teoría da Relatividade
PremiosNobel prize medal.svg Premio Nobel de Física (1914)
editar datos en Wikidata ]

Max von Laue, nado en Pfaffendorf (hoxe parte de Coblenza), Alemaña, o 9 de outubro de 1879 e finado en Berlín o 24 de abril de 1960, foi un físico alemán galardoado co Premio Nobel de Física en 1914.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nas universidades de Estrasburgo, Gotinga e Múnic, sendo discípulo de Max Planck. Posteriormente, a partir de 1912 foi profesor de física na Universidade de Zúric e entre 1919 e 1943 director de física teórica na Universidade de Berlín. Tras a súa xubilación en 1943 recibiu o nomeamento de profesor honorario na Universidade de Gotinga.

Max von Laue morreu como consecuencia das feridas producidas por un accidente de coche o día 8 de abril.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Desenvolveu un método para medir a lonxitude de onda dos raios X, utilizando, por primeira vez, cristais salinos delgados como retícula de difracción, chegando a demostrar que estes raios eran de natureza análoga aos da luz, pero non visibles, dado que a súa lonxitude de onda é extremada curta.

Así mesmo, traballou sobre os diagramas (imaxes simétricas) producidas nas placas fotográficas polos raios X que sufriron a reflexión ou a refracción nun material cristalino. Tamén investigou no campo da teoría da relatividade.

En 1914 foi galardoado co premio Nobel de Física polos seus descubrimentos da difracción dos raios X a través de cristais. Grazas a isto, fixo posible un mellor estudo da estrutura dos cristais (método chamado cristalografía de raios X)

Como escritor, a súa obra máis sobresaliente é Das Relativitätsprinzip (O principio da relatividade, 1911).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na súa honra bautizouse o cráter Laue da Lúa. O 12 de outubro de 1990 denominouse ao asteroide (10762) von Laue na súa honra sendo descuberto por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Max_von_Laue&oldid=4933324"