Maximino Magariños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maximino Magariños
Maximino Magariños 1910.jpg
Nacemento18 de novembro de 1869
 Santiago de Compostela
Falecemento26 de marzo de 1927
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago
Ocupaciónescultor, imaxineiro e ebanista
editar datos en Wikidata ]

Maximino Magariños Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 18 de novembro de 1869 e finado na mesma vila o 26 de marzo de 1927[1], foi un escultor, ebanista e imaxineiro galego, un dos tallistas mais importantes de finais do século XIX e comezos do XX.

Retablo en madeira de cedro de Maximino Magariños para a Capela das Reliquias da Catedral de Santiago de Compostela (1924).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A sinatura do Concordato Igrexa-Estado en 1851 e a promulgación da Lei de 1860 pola cal a administración se comprometía a reconstruír igrexas induciu o renacemento en Santiago dos obradoiros de imaxineiros. O pai de Maximino Magariños tiña un obradoiro en Santiago de Compostela, ambiente no que este se iniciou no oficio. Posteriormente recibiu formación académica na Sociedade Económica de amigos do País, acadando mais tarde unha bolsa coa que ampliou estudos en Madrid.

Talla en madeira do Santiago peregrino de Maximino Magariños. Museo de Vigo.
Representación escultórica de Pedro Froilaz de Trava (c. 1075-1128). Panteón Real da Catedral de Santiago de Compostela.

A súa obra centrase no campo relixioso encadrada no estilo ecléctico do seu tempo, con influencias historicistas e tradicionais. Nos seus retablos mistura estilizacións prerrafaelistas con formulas barrocas.

As súas encargas foron sobre todo do contorno compostelán, realizando algunhas obras para Vigo e Pontevedra. O principal material que utilizou foi a madeira tallada, de nogueira, castiñeiro ou cedro.

Obra[editar | editar a fonte]

Se ben a súa produción en Galiza foi moi ampla, destacan especialmente as seguintes obras:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. del Castillo Fondevila, María Esther (2018): "Maximino Magariños", en Pedras Vivas nº 49, agosto 2018 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Maximino_Magariños&oldid=5189043"