May-Britt Moser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
May-Britt Moser
Nobel prize medal.svg
May-Britt Moser 2014.jpg
May Britt Moser en 2014
Datos persoais
Nacemento 4 de xaneiro de 1963 (55 anos)
Lugar Fosnavåg, Noruega Noruega
Nacionalidade Noruega
Cónxuxe Edvard Moser (1985-2016)
Actividade
Campo Neurociencia, psicoloxía
Alma máter Universidade de Oslo
Contribucións e premios
Premios Premio Nobel en 2014
editar datos en Wikidata ]

May-Britt Moser, nada en Fosnavåg o 4 de xaneiro de 1963 é unha profesora, neurocientífica e psicóloga norueguesa.

En 2014 foi galardoada co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, compartido con John O'Keefe e Edvard Moser, «polos seus descubrimentos de células que constitúen un sistema de posicionamento no cerebro».[1][2]

May-Britt Moser xunto con Edvard Moser constitúen o quinto matrimonio ao longo da historia no que ambos os cónxuxes conseguiron obter o premio Nobel.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El País (6-10-2014). "Nobel de Medicina a los descubridores de un "GPS interno"". Consultado o 8-10-2014. 
  2. Nobelprize.org (ed.). "The Prize in Physiology or Medicine 2014" (en inglés). Consultado o 6-10-2014. [Ligazón morta]
  3. El País (6-10-2014). "Matrimonios de Nobel". Consultado o 6- 10-2014. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=May-Britt_Moser&oldid=4863447"