Megasa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°30′49″N 8°9′49″O / 43.51361, -8.16361

Megasa S.A.
Medalla de Galiza.svg
Metalurxia Galaica Sociedade Anónima Narón A Coruña Spain.svg
Megasa-dende-Neda.jpg
Megasa, vista dende Neda
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1953
Matriz Grupo Megasa
Localización Estrada de Castela, 802-820 Xuvia, Narón 15570 A Coruña Galicia Galicia
Fundador Bartolomé Freire Lago
Industria Metal
Produtos Siderurxia
Metalurxia
Ferro
Beneficio 135 596 853 € (2016)[1]
Número de empregados 200[2] (1.000 en todo o grupo)
Páxina web megasa.com

Metalurgia Galaica, SA., coñecida polo seu acrónimo Megasa, é unha empresa galega siderometalúrxica situada no concello coruñés de Narón no barrio de Xuvia ao fondo da ría de Ferrol. Adícase á laminación de redondos para construción nun forno eléctrico empregando chatarra ou barras de aceiro. Ten unha capacidade de produción de tres millóns de toneladas.

Historia[editar | editar a fonte]

A empresa ten a súa orixe cando Bartolomé Freire Lago, o maior de dez irmáns, funda en Xuvia un almacén de ferralla. A familia Freire é orixinaria das Somozas. Bartolomé Freire era un mozo emprendedor dunha familia de ferreiros que en 1924 e con vinte anos emigra a Cuba. De alí volta en 1931 para seguir a traballar na ferrería da familia. En 1933 trasládase dende As Somozas a Narón. Na ribeira dereita do río Grande de Xuvia crea un pequeno obradoiro no que aproveita e traballa os recortes da chapa de aceiro dos esteleiros da Sociedad Española de Construcción Naval na ría de Ferrol. As pezas véndellas aos ferreiros da zona para facer ferramentas e aparellos para o agro.

O negocio medra rapidamente e en 1937 Freire traslada o negocio a un terreo na estrada de Castela, xunto á estación de Feve en Xuvia, onde dende entón está Megasa. Alí adícanse tamén ao estirado de tubos de aceiro usados e á fabricación de remaches para xuntar chapas de aceiro.

Freire Hermanos no polígono da Gándara, Narón.

En 1943 incorpóranse ao negocio os seus irmáns Xosé e Fernando cos que funda Freire Hermanos, S.L. Para fabricar parafusos, torcas, remaches e outros produtos metálicos cun novo forno de fundición de chatarra.

En 1949 a empresa, xa entón cuns sesenta traballadores, pasa a ser unha sociedade anónima. En 1953 “Freire Hermanos” adícase exclusivamente a almacén de ferralla. A fabricación de parafusos e relaminación de ferros pasa a charmarse Metalúrgica Galaica, S.A. (MEGASA). A nova empresa será unha fundición de aceiro en forno eléctrico para a elaboración de aceiro para laminación.

En 1959 Megasa merca Ferrerías de Arcade, S.A. fundición situada ao fondo da ría de Vigo, próxima á desembocadura do río Verdugo. A fundición tiña un forno eléctrico e un tren de laminación de perfiles e chapas.

O elevado consumo de electricidade do forno eléctrico e a falta de subministración local fai que os irmáns Freire decidan a construción dunha central hidroeléctrica. A central eléctrica de Ferrerías (Valdoviño) para abastecer MEGASA constrúese no río das Forcadas. A construción en 1965 do encoro das Forcadas leva ao peche da central ata que en 1980 faise cargo dela outra empresa[3].

O 4 de decembro de 1997 faleceu Bartolomé Freire Lago. Nese mesmo ano Megasa Siderúrxica S.L. (a fábrica de Xuvia) foi escindida do Grupo Megasa, Metalúrxica Galaica S.A.

Empresas do grupo[editar | editar a fonte]

Megasider Río do Pozo, Narón.

En España:

  • Megasa
  • Megasider, S.L. fabricante de mallas electrosoldadas e situada en Narón, A Coruña
  • Freire Hermanos. Distribución de material, no Polígono de A Gándara, Narón
  • Megasider Zaragoza. Mercada a Arcelor-Mittal en 2016, ten 270 traballadores.[4]
  • JAP2 Recuperaciones, en Valencia.

En Portugal:

  • SN Seixal Siderurgia Nacional S.A. Fabricación de alambrón.
  • SN Transformados S.A. produción de maias.
  • Ecometais S.A. reciclaxe de chatarra.
  • SN Maia Siderurgia Nacional S.A. fundición de aceiro en barras.

A empresa ten certificacións ISO 9001, ISO 14001 e OHSAS 18001.[5]

En 1995 mercou a sociedade portuguesa Siderurgia de Produtos Longos con dúas fábricas: unha en Seixal, preto de Lisboa e outra en Maia, preto de Porto. En 2004 entrou no accionariado de Cimpor[6].

En xuño de 2010 vendeu a súa participación do 6,46% na portuguesa Cimpor por 282 millóns de euros[7].

En xuño de 2013 a dirección anunciou o peche da empresa para o mes de agosto pola imposibilidade de competir coa nova tarifa eléctrica. As empresas cun consumo de máis de 100 MW teñen unha bonificación de 35 euros por megavatio, mentres que as de menos, como o caso de Megasa, cobran 20 euros por MW[8].

Impacto ambiental[editar | editar a fonte]

Esta empresa levou a cabo uns recheos de 100.000 m² sobre a ría de Ferrol empregando escouras de fundición. Tivo problemas coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia por estar relacionada con vertidos contaminantes[9]. A empresa emprega a auga do río Grande de Xuvia cunha captación propia. A fábrica de Xuvia tamén ten depuradora de augas residuais propia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Megasa&oldid=4837692"