Melinda Gates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Melinda Gates
Melinda Gates - World Economic Forum Annual Meeting 2011.jpg
Nome completoMelinda Ann French
Nacemento15 de agosto de 1964
 Dallas, Texas
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncatolicismo
Educada enUniversidade Duke, Ursuline Academy of Dallas e Fuqua School of Business
Ocupaciónempresaria, mecenas, filántropa, fundador e empresaria
CónxuxeBill Gates
FillosJennifer Katharine Gates, Phoebe Adele Gates e Rory John Gates
PremiosJefferson Awards for Public Service, Persoa de Ano da revista Time, Ordem da Águia Asteca, honoris causa, honoris causa, Lista das mulheres mais poderosas segundo a revista Forbes, Padma Bhushan, Chatham House Prize, Cross of Recognition, Medalla Presidencial da Liberdade, Fulbright Prize, Prémio Albert Lasker de seviço à comunidade, Medalha da Paz Otto Hahn, United Nations Population Award, Medalha Bem-Estar Público e Prêmio Albert Lasker de Pesquisa Médica Básica
editar datos en Wikidata ]

Melinda Ann Gates DBE (de solteira French), nada en Dallas o 15 de agosto de 1964[1] é unha filántropa estadounidenses, cofundadora da Bill & Melinda Gates Foundation. Traballou en Microsoft,[2] onde foi project manager de Microsoft Bob, Encarta e Expedia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bill Gates e Melinda Gates en Oslo, xuño de 2009

Melinda Ann French naceu en Dallas (Texas) en 1964.[3][4] É a segunda dos catro fillos de Raymond Joseph French Jr., enxeñeiro aerospacial, e Elaine Agnes Amerland, ama de casa. Melinda ten unha irmá máis vella e dous irmáns máis novos.[5]

Melinda, católica,[6][7][8][9] estudou en St. Monica Catholic School,[10][11] onde tivo o mellor expediente da súa promoción.

Melinda graduouse con honra da Ursuline Academy of Dallas en 1982.[12] Recibiu un grao en ciencia da computación e economía da Duke University en 1986 e un MBA da Fuqua School of Business de Duke en 1987.[13] En Duke, foi membro da fraternidade feminina de Kappa Alpha Theta, Beta Rho Chapter.[14]

Pouco despois de graduarse da universidade uniuse a Microsoft e participou no desenvolvemento de moitos dos produtos multimedia da empresa, incluíndo Publisher, Microsoft Bob, Encarta e Expedia.[15] Cando traballaba alí coñeceu a Bill Gates.[2] Casaron en 1994 nunha cerimonia privada en Lanai, Hawaii. Pouco despois, deixou Microsoft para centrarse na formación da súa familia. O seu último cargo foi o de General Manager of Information Products.

Gates foi membro do consello de administración da Universidade de Duke entre 1996 e 2003.[16] Asiste ademais ás conferencias do grupo Bilderberg e mantén un asento no cadro directivo da compañía de The Washington Post.[17] Retirouse da xunta de Drugstore.com en agosto de 2006 para pasar máis tempo traballando para a Bill & Melinda Gates Foundation.[18]

Ata 2014, Melinda e Bill Gates doaran 28 mil millóns de dólares á fundación.[19]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Fachada da Bill & Melinda Gates Foundation en Seattle

Melinda e Bill Gates teñen tres fillos: three children: Jennifer Katharine Gates (nada en 1996), Rory John Gates (nado en 1999) e Phoebe Adele Gates (nada en 2002). A familia reside nunha propiedade na beira do lago Washington preto de Seattle.

Traballo coas mulleres na tecnoloxía[editar | editar a fonte]

En setembro de 2016, Gates anunciou o seu desexo de traballar na falta de mulleres na tecnoloxía, dicindo:

Estamos graduando poucas mulleres na tecnoloxía. Iso non é bo para a sociedade. Temos que cambialo.

Explicou que durante os seguintes dous anos estaría en "modo aprendizaxe" tralo que comezaría a dirixir o problema.[20][21]

Tamén falou do tema como conferenciante na Grace Hopper Celebration o 4 de outubro de 2017.[22] Na carta anual da Gates Foundation de 2016, indicou que as mulleres debería "pasar máis tempo facendo traballo pagado, comezando negocios ou contribuíndo de calquera xeito no benestar económico das sociedades arredor do mundo. O feito de que non poidan, contén as súas familias e as súas comunidades".[23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Texas Births, 1926–1995. Familytreelegends.com; consultado o 29 de xuño de 2013.
  2. 2,02,1 "Melinda Gates Biography". Biography.com. A&E Television Networks, LLC. Consultado o 19 de xuño de 2014. 
  3. "Office romance: how Bill met Melinda". The Independent. 27 de xuño de 2008. 
  4. "Melinda Gates biography". biography.com. A&E Television Networks. 15 de marzo de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  5. "Melinda Gates goes public (pg. 2)" Arquivado 1 de maio de 2012 en Wayback Machine., cnn.com, 7 de xaneiro de 2008.
  6. Modelo:Cite av media
  7. "Melinda Gates: 'I'm a Catholic, but women need access to contraceptives'", Guardian.co.uk; consultado o 29 de xuño de 2013.
  8. "Catholic Melinda Gates defies the Vatican over birth control funds", independent.co.uk; consultado o 29 de xuño de 2013.
  9. Goodell, Jeff (13 de marzo de 2014). "Bill Gates: The Rolling Stone Interview". Rolling Stone. Consultado o 23 de abril de 2016. 
  10. Business Week, Issues 3649–3652. McGraw-Hill. 1999. Consultado o 10 de marzo de 2011. Raised a Roman Catholic and educated at a girls' Catholic high school, Melinda was encouraged to pursue her love of science 
  11. Jeanne M. Lesinski (2009). Bill Gates: Entrepreneur and Philanthropist. Twenty First Century Books. ISBN 9781580135702. Consultado o 10 de marzo de 2011. Melinda, a devout Catholic, wanted a religious wedding 
  12. "Ursuline Receives Additional $2 Million Grant; Science, Math, Technology Building Task Force is Formed". Bill & Melinda Gates Foundation. Consultado o 22 de setembro de 2017. 
  13. Stange, Mary Zeiss; Oyster, Carol K.; Sloan, Jane E. (9 de xaneiro de 2013). The Multimedia Encyclopedia of Women in Today's World. SAGE Publications. pp. 386–. ISBN 978-1-4522-7037-1. 
  14. "The incredible life of Melinda Gates — one of the world's richest and most powerful women". 1 de novembro de 2017. Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  15. "Profile: Bill Gates". BBC News. 26 de xaneiro de 2004. 
  16. Gates Joins Trustees Arquivado 2 de agosto de 2012 en Archive.is, Fuqua.duke.edu; consultado o 29 de xuño de 2013.
  17. "Biography: Melinda French Gates". The Washington Post Company. 2007. Consultado o 14 de febreiro de 2008. [Ligazón morta]
  18. "Officers and Directors". Drugstore.com. 2005. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2006. Consultado o 14 de febreiro de 2008. 
  19. Bill Gates' philanthropy profile, forbes.com; consultado o 23 de abril de 2016.
  20. Hempel, Jessi. "Melinda Gates Has a New Mission: Women in Tech". Wired Media Group: Backchannel. 
  21. O'Brien, Sara Ashley (28 de setembro de 2016). "Melinda Gates is doubling down on this issue". CNN Tech. 
  22. "Melinda Gates on women in tech, her first love, and the origins of Comic Sans". GeekWire. 4 de outubro de 2017. 
  23. Gates, Bill and Melinda. "Two Superpowers We Wish We Had". gatesnotes.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Melinda_Gates&oldid=4998811"