Mercado de Abastos de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mercado de Abastos de Santiago")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Acceso central ao mercado.
Tres fotografías da Praza un sábado de abril de 2018.

O Mercado de Abastos ou Praza de Abastos de Santiago de Compostela é un mercado localizado na zona vella da capital galega, concretamente no distrito denominado Altamira.

Historia e características[editar | editar a fonte]

As instalación actuais, ideadas polo arquitecto Joaquín Vaquero Palacios[1] e que seguen “os gustos estéticos neorrománicos do novo réxime”[2], substituíron o desaparecido Mercado da Cidade, que fora derrubado catro anos antes, en 1937[3]. A función mercantil da zona remóntase ao século XVIII. A construción do mercado primitivo proxectouse en 1870 e concluíu en 1874, namentres que as obras do actual (conformado por un total de seis naves) comezaron en 1938 e remataron en 1945[4]. Está localizado xunta a igrexa de San Fiz de Solovio.

É o lugar máis visitado do municipio despois da catedral de Santiago[5].

Diversos produtos frescos tales como queixo, chacina, peixe, marisco, verdura ou carne están á venda tanto nos locais habilitados nas distintas naves coma nos arredores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mercado de Abastos. Santiago de Compostela, por Juan Ignacio Robles, profesor de Antropoloxía Social na Universidad Autónoma de Madrid (en castelán).
  2. VVAA. Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. 2003. Ed. Universidade Santiago de Compostela. coord. Ermelindo Portela Silva, páx. 576.
  3. Historia do Mercado na páxina web Santiagoturismo.com.
  4. Historia e futuro da Praza de Abastos, nova en El Correo Gallego o 24 de decembro de 2014.
  5. Información sobre a Praza no sitio web do Concello de Santiago..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mercado_de_Abastos_de_Santiago_de_Compostela&oldid=4714762"