Mercedes Ruibal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mercedes Ruibal Argibay")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Mercedes Ruibal
Nacemento 1928
  Xeve
Falecemento 12 de abril de 2003
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación pintora e escritora
editar datos en Wikidata ]

Mercedes Ruibal Argibay, nada en Xeve (Pontevedra) en 1928 e finada en Madrid o 12 de abril de 2003,[1] foi unha pintora e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1939 foi co seu irmán José Ruibal e coa súa familia a Bos Aires. Cando tiña uns vinte anos, emigrara a Bos Aires onde permaneceu algún tempo. Alí residía seu irmán, o escritor José Ruibal, que a introduciu no suxestivo mundo dos intelectuais e artistas dunha cidade cosmopolita como a capital bonaerense a principios dos anos cincuenta. Alitamén comenzou a pintar baixo os consellos e a guía de Laxeiro, cuxa obra marcou a Mercedes. Durante a súa estancia en Bos Aires fixo a súa primeira exposición en 1956.

En 1957 regresou a Galicia e expuxo en Vigo, cidade na que viviu boa parte da súa vida; unha mostra á que seguiron máis persoas en importantes galerías galegas e madrileñas. Mercedes fascinada polo ambiente que había no Madrid da posguerra, quedou un tempo na cidade aprendendo e pintando. En 1959 casou co tamén pintor Agustín Pérez Bellas. Despois veu a época de madurez da súa vocación.

Grazas as influencias iniciais de Laxeiro e do seu gusto por un primitivismo arcaizante e naif que foi o que marcou os seus primeiros períodos, un romántico popular cun acusado acento expresionista. A pesar disto moitos críticos coincidiron en sinalar de Mercedes era pintora dun único estilo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mercedes Ruibal fallece en Madrid", La Voz de Galicia, 13-4-2003, p. 48

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mercedes_Ruibal&oldid=4736148"