Metilxantina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As metilxantinas son un grupo de alcaloides estimulantes do sistema nervioso central (SNC), como a teofilina (no té), a teobromina (no chocolate), a cafeína (no café) e a guaranina (na guaraná).

A cafeína é a 1,3,7- trimeltilxantina; a teofilina, a 1,3- dimetilxantina; e a teobromina, a 3,7-dimetilxantina. As metilxantinas teñen escasa solubilidade, que se intensifica pola formación de complexos (1:1) con diversos compostos.

As metilxantinas comparten algunhas accións farmacolóxicas de interese terapeútico, tales como a relaxación do músculo liso (bronquios principalmente) e a capacidade estimulante do SNC así como do músculo cardíaco. Sobre os riles teñen un efecto diurético.

Son infrecuentes as intoxicacións letais pola inxestión de cafeína. Ó redor da metade da poboación de todo o mundo consome estes alcaloides diariamente.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Metilxantina&oldid=5039308"