Metro por segundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O metro por segundo[1] (símbolo: m·s⁻¹) é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades tanto para rapidez (escalar) como para o módulo da velocidade (vectorial).

Defínese como a distancia (en metros) dividida polo tempo (en segundos).

Equivalencias[editar | editar a fonte]

1 metro por segundo 1 m·s⁻¹ = 1 m/s = 3,6 km/h ≈ 3,2808 pés por segundo ≈ 2,2369 millas por hora

Exemplos[editar | editar a fonte]

  • 559 m/s: a rapidez media do rexistro de 1996 alcanzado por un Concorde que cruzou o Atlántico.
  • 1000 m/s: a rapidez da bala dun rifle común
  • 3 ×108 m/s: aproximadamente a velocidade da luz (299.792,5 km/s) ≈ 1.08 ×109 km/h
  • 10,4 m/s (37.44 km/h aprox.): a rapidez media cronometrada do home máis rápido do mundo, Usain Bolt, dada na carreira de 200 metros lisos dos Xogos Olímpicos de 2008
  • 0,576 m/s: a rapidez da película dunha cámara de cine que rexistra 24 fotogramas de 35 mm cada segundo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nótese que na rapidez, ou no valor da velocidade, a dimensión do tempo é inversa (m/s en lugar de m•s), polo que a expresión «metro por segundo» refírese a «un metro por cada segundo», «un metro en cada segundo», ou «un metro dividido por segundo». Non se debe confundir con «un metro multiplicado por segundo», que non é unha unidade de velocidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Metro_por_segundo&oldid=4802958"