Miedes de Atienza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo de Miedes de Atienza

Miedes de Atienza é un concello español da provincia de Guadalaxara, comunidade de Castela-A Mancha. Ten unha poboación de 87 habitantes (en 2009).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situado na Ruta da la e no Camiño do Cid, ruta do desterro de Rodrigo Díaz de Vivar.

Historia[editar | editar a fonte]

Miedes, como tal, non aparece na historia até a Idade Media sempre no contexto da reconquista e repoboación, ao igual que as localidades próximas. A localización do lugar, na vertente sur dun dos pasos naturais entre ambas mesetas, situado entre as fortalezas de Gormaz e Atienza e xunto a un outeiro de fácil defensa (hoxe coñecida como El Castillo), fixeron viable a instalación dunha comunidade co obxectivo de controlar o territorio castelán do sur do Douro, así como servir de foco de ataque ás avanzadas musulmás. De feito no Cantar de mío Cid menciónase a Miedes como zona de fronteira.

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Casa-Palacio dos Beladiez Trujillo, obra de cantería do século XVII
  • Igrexa parroquial de orixe románica, pero do datada do século XVIII.
  • Numerosos xacementos do neolítico superior, con abundancia de restos de talla de pedra, así como de cerámica.
  • Asentamentos do bronce, testemuñados pola aparición de restos cerámicos e metal.
  • Xacementos pertencentes ás épocas celta e romana, período no cal esta zona viuse altamente poboada como aseveran os numerosos restos de "villae" nos que se aprecia unha convivencia simbiótica entre estas dúas culturas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Miedes_de_Atienza&oldid=4267129"