Miguel Alvariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Alvariño
Información persoal
Nacemento31 de maio de 1994 (24 anos)
As Pontes de García Rodríguez, Galicia Galicia
Deporte
DeporteTiro con arco
Cadro de medallas
Competindo para España España:
Xogos Europeos
Ouro Bakú 2015 Tiro con arco individual
Prata Bakú 2015 Tiro con arco equipo

Miguel Alvariño García, nado nas Pontes o 31 de maio de 1994, é un arqueiro galego que compite na modalidade de arco recurvo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Campión galego en diversas ocasións e categorías, o seu primeiro resultado de importancia a nivel estatal foi a medalla de bronce no campionato cadete de 2011. Repetiu esa medalla dous anos máis tarde, en 2013, xa en categoría absoluta. Internacionalmente, foi bronce por equipos no Grand Prix de Francia de 2012, e prata no mundial da categoría júnior na modalidade de parellas mixtas, a canda Mirene Etxeberría.

En 2014 clasificouse para representar a España nas probas da Copa do Mundo, e participou por primeira vez no campionato de Europa, que se celebrou en Armenia. En 2015 proclamouse campión de Europa en categoría individual nos campiontos continentais celebrados en Bakú, mentres que obtiña a medalla de prata disparando por España na competición por equipos.[1][2][3][4].

Recibiu unha bolsa da Fundación Telefónica para prepararse para participar nos Xogos do Río, en 2016.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Italy Twice Spain Ukraine and Germany win gold". worldarchery.org. 2015-06-22. Consultado o 2015-06-22. 
  2. "Emotional Garcia rounds off European Games archery even with Men's Individual triumph". insidethegames.biz. 2015-06-22. Consultado o 2015-06-22. 
  3. "Arquero Miguel Alvarino Espana Septimo Oro". heraldo.es. 2015-06-22. Consultado o 2015-06-22. 
  4. "Miguel Alvarino Garcia a da le septimo oro a Espana". msn.com. 2015-06-22. Consultado o 2015-06-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Miguel_Alvariño&oldid=4484707"