Miguel Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Costas
Miguel Costas.jpg
Instrumento(s) guitarra, voz
Relacionado con La Banda Turca, Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Feliz
editar datos en Wikidata ]

Miguel Costas é o guitarrista e vocalista do grupo La Banda Turca, foi vocalista e guitarrista de Siniestro Total e tamén de Aerolíneas Federales e Los Feliz.

Biografía[editar | editar a fonte]

Siniestro Total[editar | editar a fonte]

A principios de 1980 forma xunto con Germán Coppini como vocalista e Julián Hernández á batería o grupo Coco y los del 1.500, no que el fai de guitarrista. Entre finais de agosto e principios de setembro de 1981 cambian o nome do seu outro grupo, que comparte con Alberto Torrado e Julián Hernández, Mari Cruz Soriano y los que Afinan su Piano, por Siniestro Total. Cando Coppini deixa a banda, el pasa a ser vocalista e guitarrista ata que deixa o grupo en 1994.

Aerolíneas Federales[editar | editar a fonte]

Miguel Costas formou en Vigo en 1981 un grupo, Aerolíneas Federales, con Flechi e Silvino Carreras, baixo os pseudónimos New Border, Federico Flechini e Bollito Singerman respectivamente. A partir de 1983 incorpórase ao grupo un batería chamado Luís Santamarina (Donna Sangre) e Flechi pasa a ser cantante da banda. Máis tarde súmanse ao grupo Coral Alonso e Rosa Costas como coristas; Flechi abandona máis tarde a banda ao non atoparse a gusto co novo estilo da banda. A seguinte formación da banda está composta por Miguel Costas, Silvino, Luís e as aerolinettes Coral Alonso e Rosa Costas. Finalmente, Miguel Costas marchouse ao non poder estar á vez en Siniestro Total e en Aerolíneas Federales.

Los Feliz[editar | editar a fonte]

Logo da súa saída de Siniestro Total, formou en Vigo a súa nova banda, sendo o guitarrista e cantante, xunto a Javier Martínez á batería, Martín Esturado á segunda guitarra e Pedro Feijoo ao baixo.

Miguel Costas e La Banda Turca[editar | editar a fonte]

Ao deixar Los Feliz, formou a súa nova banda, onde é guitarrista e vocalista, xunto aos músicos coruñeses Juan Naya á guitarra, Landy ao baixo, e Iván á batería. Con esta nova banda toca novos temas de actualidade e os grandes éxitos que compuxo nos seus grupos anteriores.

COSTAS Banda[editar | editar a fonte]

A actual banda de Miguel Costas está formada por Juan Naya á guitarra e coros, Jose Bonham bateria e coros, Coché Villanueva baixo e coros, e Miguel Costas voz e guitarra.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Siniestro Total[editar | editar a fonte]

Con Aerolíneas Federales[editar | editar a fonte]

  • Aerolineas Federales -1986
  • Hop Hop - 1987
  • Tomando tierra - 1988
  • Échame sifón - 1989

Con Los Feliz[editar | editar a fonte]

  • Aleluya
  • Enséñame la pasta
  • Ataque de marketing

COSTAS[editar | editar a fonte]

  • Condenados a Costas
  • Costas is Back
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Miguel_Costas&oldid=4213816"