Miguel Fernández Lema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Miguel Fernández Lema
Miguel Fernández Lema 1909.jpg
Nacemento 1872
Falecemento 1947
  Vigo
Nacionalidade España
Ocupación xornalista
editar datos en Wikidata ]

Miguel Fernández Lema, nado en 1872 e finado en Vigo en 1947, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Miguel Fernández Dios e de Felisa de Lema Marina (irmá de Ángel de Lema y Marina fundador do Faro de Vigo). Funcionario de Facenda. Foi director de La Concordia e Noticiero de Vigo. Foi fundador e o primeiro presidente da Asociación da Prensa de Vigo (1909)[1], deputado provincial polo distrito Vigo-Tui (1905) e alcalde de Vigo (1909-1910). En 1923 foi cofundador de El Pueblo Gallego sendo o seu principal accionista. Co peche de La Concordia en 1924 retirouse da vida pública viguesa.


Predecesor:
Ricardo Senra Fernández
Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo

1909 - 1910
Sucesor:
Manuel Diego Santos

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Vigo con Josefina Vicetto Fábregas en 1905.

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Miguel_Fernández_Lema&oldid=4650289"