Miguel Vázquez Valiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Vázquez Valiño
Nacemento16 de xaneiro de 1910
 Noia
Falecemento1990
 Montevideo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, sindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Miguel Vázquez Valiño, nado en Noia o 16 de xaneiro de 1910 e finado en Montevideo en 1990, foi un xornalista, sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou de aprendiz de zapateiro ata os 18 anos. Marchou á Arxentina en 1928 fuxindo do servizo militar. Regresou a Galicia en 1931 e volveu de novo a Arxentina ao ano seguinte. En 1935 retornou a Galicia, afiliouse a Izquierda Republicana e foi concelleiro tenente de alcalde de Noia.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu dende Muros nos bous "Santa Eulalia" e "Santa Rosa" cara Bilbao, de alí foi a Asturias onde axudou a formar a Agrupación Confederada de Galicia en Xixón. Foi xulgado na Coruña por rebelión, sendo declarado en rebeldía. A bordo dun barco inglés chegou a Barcelona onde formou parte da Agrupación Regional Galaica e colaborou cunha revista mensual que saía en Valencia. Alí tratou de organizar a Agrupación Confederal Galaica mantendo contactos con Severino Iglesias Siso, Castelao, Ramón Suárez Picallo, Emilio González López e Pedro Longueira Patiño. En Valencia foi secretario da organización do comité nacional da CNT. En Monterdre (Zaragoza) a Confederación Regional Galaica da CNT no exilio artellou un Comité de Relaciones de Agrupaciones de Gallegos Libertarios baixo a súa coordinación. Logo fuxiu cara Francia onde estivo no campo de concentración de Brams (Aude). Cando saíu do campo decidiu formar parte dun grupo de resistencia contra Franco que tiña previsto atentar contra o ditador en Donosti. En xaneiro de 1945, con José Penido Iglesias e José Luís Chamorro Castro, converteu o organismo nun Comité da CRG domiciliado en Tolosa. En 1947 era secretario de organización e estadística do Secretariado Intercontinental da CNT no exilio. Algúns autores afirman que foi un infiltrado dos servizos de información franquistas na CNT[1]. De Tolosa saíu cara Marsella onde embarcou en 1950 a Brasil, formando parte dunha expedición organizada polo goberno brasileiro para colonizar Río Grande do Sur. Alí organizou unha agrupación española e unha cooperativa da construción con outros albaneis. En febreiro de 1955 marchou coa familia clandestinamente para Uruguai. En 1956 foi secretario de cultura da Casa de Galicia e formou parte do Centro Coruñés do que foi socio fundador e presidente. Tamén foi director da publicación Finisterre. Como xornalista colaborou en Diario Español ata 1958, ano no que pasou a ser vocal da Casa de Galicia. En Uruguai organizou a Irmandade Galeguista que sacou á rúa O Irmandiño, do que foi director responsable na súa segunda época. Tamén formou parte da Comisión de Cultura da Casa de Galicia e foi un dos fundadores do Patronato da Cultura Galega de Montevideo en 1964.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En Port La Selva coñeceu a Dora Luelmo, madrileña filla dun técnico de telefónica, con quen casou.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Miguel_Vázquez_Valiño&oldid=4682866"