Mike Oldfield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mike Oldfield
Mike Oldfield NOTP 2006.jpg
Mike Oldfield, en 2006
Nome completoMichael Gordon Oldfield
Nacemento15 de maio de 1953
 Reading
NacionalidadeReino Unido
Alma máterElvian School
Ocupacióncompositor, guitarrista e autor-compositor
CónxuxeAnita Hegerland
IrmánsTerry Oldfield e Sally Oldfield
editar datos en Wikidata ]

Michael Gordon Oldfield, nado en Reading (Berkshire) o 15 de maio de 1953, é un músico solista multinstrumental e compositor inglés. O seu estilo é moi amplo, e varía entre o rock ou rock progresivo, a música étnica ou de raíz, a clásica e a electrónica.

Biografía[editar | editar a fonte]

Os pais de Mike Oldfield foron Maureen e Raymond Oldfield. A súa irmá Sally e o seu irmán Terry son músicos de éxito por si mesmos, e aparecen en moitos dos seus discos.

Logo das súas primeiras experiencias coa súa irmá Sally, en 1971 Mike Oldfield tratou de encontrar unha discográfica que puidese editar o seu primeiro disco, que constaba dun só tema instrumental (con multitude de instrumentos e quizais na onda do rock progresivo de Pink Floyd), mais todas as casas discográficas o rexeitaron. Foi así como coñeceu a Richard Branson, por entón propietario dunha tenda de música chamada Virgin. Branson inmediatamente aceptou producir o traballo de Oldfield, para o cal este pechouse nun estudio de gravación durante case un ano.

O resultado desta gravación foi a publicación, o 25 de maio de 1972 do primeiro traballo de Oldfield: O Tubular Bells (1972), que foi tamén o primeiro en publicarse baixo o selo Virgin Records. Virgin Records continuou editando os sucesivos traballos de Oldfield ata 1990.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Bandas sonoras[editar | editar a fonte]

  • (1973) Tubular Bells, que non é propiamente unha banda sonora, mais é usada na banda sonora da película O exorcista.
  • (1984) The Killing Fields - banda sonora para o filme do mesmo nome.
  • (2002) Tr3s Lunas aka Tres Lunas - banda sonora dun xogo.

Álbums en directo[editar | editar a fonte]

Compilacións e remesturas[editar | editar a fonte]

  • (1975) The Orchestral Tubular Bells
  • (1976) Boxed
  • (1979) Impressions
  • (1980) Music Wonderland
  • (1981) Episodes
  • (1985) The Complete Mike Oldfield
  • (1987) A Virgin Compilation
  • (1990) Collector's Edition Box I & II
  • (1993) Elements - The Best of Mike Oldfield (1CD)
  • (1993) Elements 1973-1991 (4CD)
  • (1997) XXV: The Essential
  • (2001) The Best of Tubular Bells
  • (2002) Collection

DVD[editar | editar a fonte]

  • (1992) Tubular Bells II - The World Première Live From Edimburg Castle
  • (1998) Tubular Bells III - The World Première Live From Horseguards Parade, London
  • (1999) The Art In Heaven Concert - The Millennium Bell - Live from Berlin
  • (2004) Elements
  • (2005) Exposed

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mike_Oldfield&oldid=4734976"