Milicias Populares Galegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Voluntarios inscribíndose ás Milicias Galegas no local do Partido Galeguista en Madrid.

As Milicias Populares Galegas foron un batallón republicano formado por voluntarios de Galicia, creadas en 1936 por Santiago Álvarez e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Tiveron certa relevancia na defensa de Madrid,[1]. Saíron ao fronte de Talavera de la Reina a parar o exército franquista que xirara cara Toledo.[2] Debido á falta de material rematarían fusionándose co V rexemento. A súa orixe atópase no 18 de xullo de 1936. Estando Castelao en Madrid negociando a aprobación do Estatuto de Galicia nas Cortes Republicanas foi sorprendido pola rebelión de Franco e os seus, algúns membros da comisión galeguista regresaron á casa (sendo capturados e fusilados) excepto Ramón Suárez Picallo, Castelao e algúns outros que permaneceron na capital á espera de resultados. Co decorrer do tempo e vendo que Galicia caera nas mans fascistas e se formaban as Columnas galegas, estes políticos tiveron a idea de formar unhas milicias galegas para defender o bo nome dos galegos como demócratas[Cómpre referencia]; para iso foron aos arredores de Madrid, onde conseguiron que varios labregos da sega se uniran a eles[Cómpre referencia]. Editaron o periódico El Miliciano Gallego.

Organización[editar | editar a fonte]

Esperanza Rodríguez Gómez co uniforme das Milicias Galegas.

O presidente das Milicias foi Ramón Suárez Picallo, con Juan José Pla de secretario xeral aínda que o secretario efectivo foi Agapito García Atadell. O xefe de milicias foi o capitán Manuel López Iglesias.[3] O resto do comité directivo foron Castelao, o xeneral Cecilio Bedia Caballería e Pedro Penabad Rodríguez.[Cómpre referencia] Entre os seus dirixentes figurou Enrique Peinador Porrúa.

As Milicias tiveron seu cuartel na rúa Juan Montalvo, 28. A oficina de recrutamento en Gran Vía, 12.

Efectivos[editar | editar a fonte]

As Milicias formáronse con 824 voluntarios galegos e galegas,[1] como a enfermeira Marciana Pimentel,[4] a oficial Esperanza Rodríguez Gómez[5] ou Paulina Rodríguez.[6][7] Porén, só contaban con 500 fusís, polo que en agosto de 1936 as Milicias se integraron dentro do 4º Batallón da 1ª Brigada da XI División do V Rexemento do Exercito Popular da República.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 Máiz Vázquez, Bernardo (2005). "Milicias galegas". Gran Enciclopedia Galega. 
  2. Xoán Carlos Garrido "Milicianos (e milicianas)" Terra e Tempo, 18/7/2015.
  3. Manuel López Iglesias era un profesional do exército xubilado co grao de capitán, casado cunha galega e que despois de estar destinado na Coruña traballaba como conserxe dun hotel en Madrid.
  4. Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. p. 349. 
  5. Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. p. 388. 
  6. Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. p. 382. 
  7. Marco, Aurora. "As mulleres nas primeiras décadas do século XX" Álbum de Mulleres, CCG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Milicias_Populares_Galegas&oldid=4614880"