Mindhunters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Mindhunters
Ficha técnica
Título orixinalMindhunters
DirectorRenny Harlin
ProdutorCary Brokaw
Akiva Goldsman
Robert F. Newmyer
Jeffrey Silver
Rebecca Spikings
Bob Weinstein
Harvey Weinstein
GuiónWayne Kramer
Kevin Brodbin
Ehren Kruger (sen acreditar)
IntérpretesLL Cool J
Jonny Lee Miller
Kathryn Morris
Patricia Velásquez
Clifton Collins Jr.
Eion Bailey
Will Kemp
Val Kilmer
Christian Slater
MúsicaTuomas Kantelinen
FotografíaRobert Gantz
MontaxeNeil Farrell
Paul Martin Smith
DistribuidoraDimension Films (USA)
Columbia Pictures (non USA)
Estrea2004
Duración106 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
Países Baixos Países Baixos
Finlandia Finlandia
XéneroThriller, Acción
Orzamento$27 000 000[1]

Mindhunters é un filme estadounidense dirixido por Renny Harlin que foi estreado no 2004.

Argumento[editar | editar a fonte]

O FBI ten un programa de adestramento para os axentes da unidade de perfiles psicolóxicos para ensinarlles a seguir a pista ós asasinos en serie. Un grupo de axentes está a piques de rematar o duro curso de instrución. Só lles queda unha última proba: pasar un fin de semana nunha illa remota resolvendo un crime ficticio. O que ningún deles sabe é que entre eles hai un asasino en serie, adestrado nas técnicas máis modernas de asasinato e acostumado a pensar a maior velocidade que eles. Lentamente, o asasino vainos eliminando un a un. A medida que se producen os crimes, os axentes comezan a desconfiar os uns dos outros, de xeito que todos están baixo sospeita e en perigo mortal.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • LL Cool J como Gabe Jensen
  • Jonny Lee Miller como Lucas Harper
  • Kathryn Morris como Sara Moore
  • Patricia Velásquez como Nicole Willis
  • Clifton Collins Jr. como Vince Sherman
  • Eion Bailey como Bobby Whitman
  • Will Kemp como Rafe Perry
  • Val Kilmer como Jake Harris
  • Christian Slater como J.D. Reston
  • Trevor White como Agresor
  • Cassandra Bell como Jen
  • Jasmine Sendar como amiga de Jen
  • Antonie Kamerling como Home do bar
  • Daniël Boissevain como Home do bar #2

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mindhunters&oldid=4687884"