Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación de España")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pazo de Santa Cruz, sede do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación

O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España ou MAEC, que nos seus inicios en 1714 se chamou Primeira Secretaría de Estado e despois, a partir de 1833 recibiu o nome de Ministerio de Estado, é o órgano da Administración Xeral do Estado que ten encomendadas as seguintes funcións:

  • Planificar, dirixir, executar e avaliar a política exterior de España.
  • Concertar e potenciar as relacións de España con outros estados e coas organizacións internacionais.
  • Fomentar as relacións económicas, culturais e científicas internacionais de España.
  • Dirixir a política de cooperación internacional para o desenvolvemento.
  • Exercer a protección dos cidadáns españois no exterior e participar na proposta e aplicación da política de estranxería.
  • Deseñar, coordinar e executar a política española no seo da Unión Europea.

Para cumprir con estas funcións o Ministro de Asuntos Exteriores conta co apoio dun número variable de secretarías de estado e subsecretarías, que en xaneiro de 2012 eran tres e unha, respectivamente. Ademais, dependen del os organismos autónomos da AAgencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECI) e do Instituto Cervantes.

O ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España é, en xaneiro de 2012, José Manuel García-Margallo.

Estrutura orgánica (xaneiro de 2012)[editar | editar a fonte]

Órganos superiores[editar | editar a fonte]

Os órganos superiores do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España, dependentes directamente do ministro son[1]:

  • Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e de Cooperación
  • Secretaría de Estado para a Unión Europea
  • Secretaría de Estado para Iberoamérica
  • Subsecretaría de Asuntos Exteriores e de Cooperación

Estrutura orgánica básica[editar | editar a fonte]

A estrutura orgánica básica[1] é: (en cursiva indícanse os organismos autónomos)

Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación: José Manuel García-Margallo.

    • Dirección Xeral de Relacións Económicas Internacionais: Fernando Eguidazu
    • Dirección Xeral de Medios e Diplomacia Pública: María Claver
    • Oficina de Información Diplomática (con rango de Dirección Xeral): Cecilia Yuste
      • Escola Diplomática.
  • Subsecretaría de Asuntos Exteriores e de Cooperación: Rafael Mendívil
    • Secretaría Xeral Técnica: Fabiola Gallego
    • Dirección Xeral do Servizo Exterior: Miguel Aguirre de Cárcer
    • Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios: Luis Fernández-Cid de las Alas Pumariño.
  • Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores: Gonzalo de Benito Secades
  • Secretaría de Estado para a Unión Europea: Íñigo Méndez de Vigo
    • Dirección Xeral de Coordinación de Políticas Comúns e de Asuntos Xerais da Unión Europea: Alejandro Abellán
    • Dirección Xeral de Relacións Bilaterais con Países da Unión Europea, Países Candidatos e Países do Espazo Económico Europeo: Victoria Morera.
  • Secretaría de Estado de Cooperación e para Iberoamérica: Jesús Manuel Gracia Aldaz

Lista cronolóxica dos ministros de Asuntos Exteriores de España[editar | editar a fonte]

Ministros de Estado[editar | editar a fonte]

Ministros de Asuntos Exteriores[editar | editar a fonte]

Ministros de Asuntos Exteriores e de Cooperación[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Boletín Oficial do Estado. 30 de decembro de 2011: Real Decreto 1887/2011, de 30 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais. (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ministerio_de_Asuntos_Exteriores_e_de_Cooperación_de_España&oldid=4910677"