Moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O presidente saínte, Mariano Rajoy, felicita ao presidente entrante, Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción.

A moción de censura contra o presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, celebrouse entre o 31 de maio e o 1 de xuño de 2018. Foi rexistrada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE) o 25 de maio, despois de que a Audiencia Nacional sentenciase que o Partido Popular (PP) se beneficiou do esquema de subornos ilegais para contratos do caso Gürtel, cos tribunais confirmando a existencia dunha estrutura de contabilidade e financiamento ilegal que se desenvolveu en paralelo coa oficial desde o momento da fundación do partido en 1989.[1]

A Audiencia Nacional confirmou que o PP axudou a establecer «un sistema xenuíno e efectivo de corrupción institucional a través da manipulación da contratación pública central, autonómica e local».[2] Doutra banda, considerou que Mariano Rajoy non fora «veraz» no seu testemuño como testemuña durante o xuízo.[3]

O 1 de xuño de 2018 votouse a moción de censura resultando exitosa con 180 votos a favor, 1 abstención e 169 votos en contra. O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, primeiro presidente do goberno español non deputado en ser investido,[4] declarou que establecería un goberno "de transición" que asegure a «gobernanza» do país e recupere a «normalidade democrática» por mor da crise política desatada polo caso Gürtel, para logo, canto antes, convocar eleccións xerais.[5]

Esta foi a cuarta moción de censura desde a Transición Española á democracia e a segunda presentada contra Mariano Rajoy tras a de Unidos Podemos o ano anterior,[6] así como a primeira de toda a democracia española en prosperar.

Votación[editar | editar a fonte]

O Grupo Popular aplaude ao término da intervención de Mariano Rajoy no debate da moción de censura.
Votación dos partidos
(1 de xuño de 2018)
Votos necesarios: 176 de 350
Votos Partidos
A favor
180
Abstención
1
En contra
169

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cortizo, Gonzalo (25 de maio de 2018). eldiario.es, ed. "El PSOE registra en el Congreso la moción de censura contra Rajoy". Consultado o 25 de maio de 2018. 
  2. Vázquez, Ángeles (24 de maio de 2018). El Periódico de Catalunya, ed. "El PP y Correa tejieron "un sistema de corrupción institucional", según la Audiencia". Consultado o 25 de maio de 2018. 
  3. Campos, Miguel Ángel (24 de maio de 2018). Cadena SER, ed. "El testigo Rajoy no fue "verosímil" al negar la caja b". Consultado o 25 de maio de 2018. 
  4. Público, ed. (1 de xuño de 2018). "El primer presidente que no es diputado y otras seis curiosidades del nuevo jefe del Ejecutivo". 
  5. Cortizo, Gonzalo (25 de maio de 2018). eldiario.es, ed. "Pedro Sánchez anuncia la moción de censura para formar "un gobierno del PSOE" y pide el voto de todos los partidos". Consultado o 25 de maio de 2018. 
  6. El Confidencial, ed. (25 de maio de 2018). "¿Qué es una moción de censura?: la cuarta en democracia, segunda contra Rajoy". Consultado o 25 de maio de 2018. 
  7. Merino, Juan Carlos (25 de maio de 2018). La Vanguardia, ed. "El PSOE registra una moción de censura contra Mariano Rajoy". Consultado o 26 de maio de 2018. 
  8. 8,08,18,28,38,48,58,6 Gil, Ivan (25 de maio de 2018). El Confidencial, ed. "Iglesias reitera su apoyo sin condiciones ni exigencias de sillones a Pedro Sánchez". Consultado o 26 de maio de 2018. 
  9. 9,09,1 Puente, Arturo (30 de maio de 2018). eldiario.es, ed. "ERC da por hecho el sí a Pedro Sánchez mientras el PDeCAT pactará su posición con el PNV". Consultado o 30 de maio de 2018. 
  10. eldiario.es, ed. (30 de maio de 2018). "El PDeCAT votará lo mismo que ERC y asegura que está "en contacto con el PNV"". Consultado o 30 de maio de 2018. 
  11. Ellakuría, Iñaki (28 de maio de 2018). La Vanguardia, ed. "http://www.lavanguardia.com/politica/20180528/443910499689/psc-psoe-pedro-sanchez-miquel-iceta-apoyo-mocion-de-censura.html".  Ligazón externa en |title= (Axuda); Falta a |url= (Axuda);
  12. eldiario.es, ed. (31 de maio de 2018). "El PNV confirma el final de la presidencia de Mariano Rajoy". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  13. 13,013,1 Alós, Carlos (25 de maio de 2018). Levante-EMV, ed. "Compromís dará apoyo a cualquier moción de censura que desaloje a Rajoy". Consultado o 26 de maio de 2018. 
  14. 14,014,1 Naiz, ed. (31 de maio de 2018). "EH Bildu votará a favor de la moción pero avisa que el rechazo a Rajoy «no es un apoyo al PSOE»". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  15. La Vanguardia, ed. (25 de maio de 2018). "NC votará a favor de la moción de censura si es para investir a Pedro Sánchez". Consultado o 26 de maio de 2018. 
  16. Europa Press, ed. (31 de maio de 2018). "CC anuncia por sorpresa su abstención en la moción de censura y tiende su mano a Sánchez". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  17. Romero, Alexis (25 de maio de 2018). ABC, ed. "El PP: "Está moción de censura debilita a España"". Consultado o 26 de maio de 2018. 
  18. Pérez Colomé, Jordi (25 de maio de 2018). El País, ed. "Ciudadanos no apoyará la moción". Consultado o 26 de maio de 2018. 
  19. Diario de Navarra, ed. (25 de maio de 2018). "UPN no apoyará la moción de censura y ve "oportuno" nuevas elecciones". Consultado o 26 de maio de 2018. 
  20. 20minutos, ed. (25 de maio de 2018). "Foro Asturias rechaza la moción de censura de Sánchez: "No se puede arreglar España con quien quiere romperla"". Consultado o 26 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Moción_de_censura_contra_Mariano_Rajoy_de_2018&oldid=4803130"