Moeda cuñada en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As primeiras moedas cuñadas en Galicia datan do ano 25 a.C., cando o emperador romano Augusto deu ordes de cuñar nunha ceca móbil establecida en Lucus Augusti moedas provinciais de bronce (ases, semis, dupondios e sestercios) coas que poder financiar as guerras que mantiña contra os cántabros e os astures. E durante todo o Imperio Romano seguiu a ser Lucus Augusti a ceca predominante de Gallaecia. Coa chegada dos suevos e visigodos adquiren importancia tamén Tui e Valdeorras.

Diñeiro a nome de Alfonso X de Castela (1252-1284) cuñado na casa de moeda da Coruña.

A Real Casa da Moeda da Coruña (1210/1230-1665/1700) e en menor medida a Ceca de Santiago de Compostela (1079-1379) e outras Tui e Ourense serán as principais emisoras durante a Idade Media. En 1107 Diego Xelmírez conseguiu do rei Afonso VI o privilexio de cuñar moeda. Xa na época moderna A Coruña é a única que continuou producindo moeda, ata que en 1696 finaliza a súa produción.

Moeda de 8 marabedís de 1837 cuñada na Real Casa da Moeda de Xuvia a nome de Isabel II

A última ceca que se estableceu en Galicia foi a Real Casa da Moeda de Xuvia, que emitiu moeda entre 1811 e 1868.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • BELLO PLATAS, Ana Isabel (2006). A ceca de Xuvia. A derradeira fábrica de moeda de Galicia. Edicións Embora, Ferrol. ISBN 84-95460-55-6. 
  • IGLESIAS ALMEIDA, Ernesto (2010). As moedas medievais galegas. Serie Trivium de Editorial Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-34-4. 
  • MURO CARVAJAL, José (1888). Casa Real de la moneda de La Coruña. Coruña. 
  • OROL PERNAS, Antonio (1980). "Numismática gallega". en Nvmisma, núm. 162-164. Madrid. 
  • PAZ BERNARDO, Jaime (1991). Las monedas acuñadas en Galicia. FILABO S.A. ISBN 84-4043158-9. 
  • PAZ BERNARDO, Jaime (2002). Moedas galegas. Do século IX a.C. ó século XXI d.C. 
  • PITA FERNÁNDEZ, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. ISBN 84-605-9958-2. 
  • PITA FERNÁNDEZ, Ricardo Luís (1996). A Real Casa da Moeda de Xubia: breve historia e catálogo das súas cuñacións. Andavira, Santiago de Compostela. ISBN 84-89641-37-4

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Moeda_cuñada_en_Galicia&oldid=5055664"