Moisés Lago Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Moisés Lago Lorenzo
Nacemento20 de xuño de 1900
 Soutomaior
Falecemento1996
 Fumel
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Moisés Lago Lorenzo, nado no Val (Soutomaior) o 20 de xuño de 1900 e finado en Fumel (Lot e Garona) en 1996, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante anarquista, en 1927 era membro da xunta da Sociedade de cociñeiros La Paz de Ferrol. Na ditadura de Primo de Rivera foi un dos organizadores da Federación de sindicatos únicos da CNT de Ferrol. En 1930 foi presidente do sindicato de cociñeiros e ao ano seguinte foi tesoureiro do Comité Rexional da Confederación e delegado de varios sindicatos no congreso rexional. Foi detido logo da folga xeral de maio de 1933. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado. O 21 de xullo do 1939 conseguiu embarcar en Ares con outros 26 republicanos na evasión do bou Ramón, conseguindo chegar a Francia. Estivo no campo de concentración de Argelès, de onde saiu o 4 de decembro de 1939 para a 127 compañía de traballadores. Durante a ocupación alemá de Francia uniuse á Unión Nacional Española e no outono de 1944 participou nas operacións da invasión do Val de Arán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Moisés_Lago_Lorenzo&oldid=5198467"