Moncho Borrajo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Moncho Borrajo
Moncho Borrajo.jpg
Moncho Borrajo, asinando exemplares de Gatos
Nome completoRamón Borrajo Domarco
Nacemento24 de decembro de 1949
LugarBaños de Molgas
NacionalidadeEspaña
Profesiónhumorista, dramaturgo
editar datos en Wikidata ]

Ramón Borrajo Domarco, nado en Baños de Molgas o 24 de decembro de 1949, é un humorista e dramaturgo galego, máis coñecido como Moncho Borrajo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao entrar na adolescencia marcha cos seus pais, Ramón e Donigna, a Vigo, a estudar o bacharelato. Aos 14 anos comezou a escribir poemas, e con 16 marchou a Valencia para estudar Arquitectura. Alí destaca como debuxante, e abandona a carreira e pásase a estudar Arquitectura técnica e despois Belas Artes na escola San Carlos de Valencia. En 1970 gañou un premio de debuxo na universidade e participou nalgúns certames de debuxo como o que levaba o nome de Joan Miró. A partir desete momento realizou distintas exposicións de debuxo e pintura, ao longo de toda a súa traxectoria.

A principios dos anos setenta realiza diversas actuacións como cantautor dentro do xénero da protesta política, interpretando temas en galego, castelán e valenciano. En 1972 recibiu o 2º premio nun concurso de canción universitaria.

En 1976 recibiu a medalla ao Mérito artístico concedida polo Ministerio de Información e Turismo. En Valencia fundou a biblioteca do Centro Galego e mais un grupo de baile tradicional na mesma entidade.

En 1985 deixou a música e subiu por primeira vez ós escenarios como humorista e dramaturgo, e acadou axiña fama como monologador, co que realizou diversas xiras por teatros de España. En 1991 volveu pintar e foi seleccionado para algunhas exposicións colectivas como a mostra BMW ou a Mostra Unión Fenosa. A partir do ano 2001, con Markitis, inicia unha serie de textos teatrais para diversos personaxes que nalgúns casos dirixe el mesmo (Markitis e Terapia a las seis, de 2004) e noutros unicamente escribe, como con Cariño, ¿mañana qué hacemos?, de 2006. Dentro dese proceso merca o teatro Amaya de Madrid, onde estrea as súas producións.

Ademais, ten traballado como actor de dobraxe nas versións españolas de Look Who's Talking (1 e 2) e ten escrito artigos para o xornal Las Provincias.

En 2006 decide xubilarse dos escenarios[1] coa obra Despedida y cierre, e con ela está de xira ata 2009. Nese ano, o 14 de febreiro deu a súa última actuación no Coliseum da Coruña[2].

Obra[editar | editar a fonte]

Espectáculos[editar | editar a fonte]

Moncho Borrajo, pregoeiro na Festa da Ameixa, O Carril.
  • Aguijón 79 (1978)
  • Moncho gusto(1983)
  • Borrajo perdido (1987)
  • Caca y cola
  • Apuntes para un cabaret
  • Ni a tontas ni a locas (1993)
  • Aquí no hay crisis (1993)
  • En concierto sentido del humor (1995)
  • Dihablemos (1997)
  • El bufón del rey (1998)
  • Loco (2000), co que superou os 50.000 espectadores[3].
  • Markitis (2001)
  • 30 años sin parar (2003)
  • Terapia a las seis 2004)
  • Cosas mías (2004)
  • Este y yo (2005)
  • España Cabaret (2005)
  • Cariño, ¿mañana qué hacemos?, de 2006.
  • Despedida y cierre (2006)
  • La merienda (2008)

Literatura en castelán[editar | editar a fonte]

  • Moncho y yo”
  • Moncho y tú
  • Pobres míos (debuxos)
  • Amo la ciudad (narrativa breve)
  • Pavana para una difunta (novela)
  • Con amor y humor (aforismos).
  • 365 ocurrencias para la tolerancia (aforismos).

Literatura en galego[editar | editar a fonte]

  • Animaliños (debuxos)
  • Toño (narrativa breve)
  • Meu querido padre Ramón (novela)
  • Fixen Camiños (poesía)
  • Gatos, (2008), Ir Indo.

Premios e legado[editar | editar a fonte]

Hai unha estatua que o reproduce na praza do Humor da Coruña. É fillo predilecto de Baños de Molgas, e na antiga estación desta localidade hai unha biblioteca que naceu duns 5000 libros seus.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Moncho_Borrajo&oldid=5140128"