Monte Mondigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista dende o Monte Mondigo: O Mar Cantábrico, co porto de Foz cara ó fondo, e xusto ó pé, o val do río Noceda. A praia que se ve máis preto é a de San Miguel de Reinante (Barreiros).

O monte Mondigo, localizado no Concello de Ribadeo, entre as parroquias de Covelas e Piñeira, é o pico máis alto da barreira montañosa que separa a costa do interior na comarca da Mariña Oriental, con 569 metros[1] de altitude. Dende el poden apreciarse vistas cara ó Mar Cantábrico, e ó val dos ríos Grande e Pequeno.

As súas ladeiras están adicadas ó cultivo do eucalipto. No seu cumio hai antenas de repetición.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "VisorSigPac". sigpac.mapa.es. Consultado o 2017-01-08. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Monte_Mondigo&oldid=4198825"