Monte Teleno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 42°20′49″N 6°23′32″O / 42.34694, -6.39222

Vista do Teleno.

O Teleno é unha montaña do suroeste da provincia de León, que acada os 2 188 m de altitude sobre o nivel do mar, sendo a cima máis elevada da cadea montañosa denominada montes de León. O macizo montañoso do Teleno separa as comarcas leonesas da Maragatería e a Valduerna da Cabreira. Nunha das súas abas nace o río Duerna, o antigo Ornia.

Historia[editar | editar a fonte]

A uns 50 km de distancia do monte, en Quintana del Marco, entre os restos dunha villa romana, apareceu en 1899, a inscrición Marti Tileno, con letras de ouro e sobre dunha placa de prata, cuxa segunda parte foi inmediatamente identificada como o nome latinizado do monte Teleno. O lugar estaría consagrado polos indíxenas a ese deus, que foi asimilado polos romanos a Marte. Unha segunda inscrición, coa divindade indicada só como só Tilleno, apareceu, varios anos despois (1971), en Viloira, no concello do Barco de Valdeorras, nas proximidades da igrexa parroquial. Neste caso, o dedicante era un tirón, é dicir, un soldado aínda bisoño. O Valdeorras formaba parte do convento xurídico asturicense naquela época, e aínda na actualidade forma parte da diocese de Astorga.

Cabe dicir en relación coa súa sacralidade, que os romanos recollían auga nas inmediacións da montaña, para conducila canalizada até os depósitos ou corgos sitos sobre As Médulas. Tales depósitos eran o almacén das augas que posteriormente se soltaban para derrubar os montes auríferos, o ben coñecido sistema de ruina montium.

Explotación[editar | editar a fonte]

Teleno constitúe un campo balístico para probas da sección de artillaría con sede en Astorga. Úsase tamén como explotación madeireira, principalmente de piñeiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Macías, Marcelo (1903): Epigrafía romana de Astorga. Ourense.
  • Bouza Brey, F. (1971): "Ara a Tileno, de Viloira", en Cuadernos de Estudios Gallegos, nº 25.
  • Blázquez, José María (1975): Diccionario de las religiones prerromanas de Hispania. Madrid.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Monte_Teleno&oldid=4774479"