Montouto, Abegondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montouto
Santa Cristina de Montouto.jpg
Igrexa de Santa Cristina de Montouto.
Parroquia de Montouto do concello de Abegondo.png
Concello Abegondo
Poboación 312 hab. (2016)
Entidades de poboación 11

Santa Cristina de Montouto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Linda ao norte coas parroquias de Figueroa e Sarandós, Cabanas, ao sur con Folgoso e con Beira, Carral ao leste. Segundo o IGE en 2016 tiña 312 habitantes (156 homes e 156 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Montouto provén da expresión latina de monte alto[1].

Sitios de interese artístico e cultural[editar | editar a fonte]

Igrexa de Santa Cristina de Montouto[editar | editar a fonte]

A Igrexa de Santa Cristina de Montouto é unha igrexa de tipoloxía rural dun estilo barroco e que foi construída no século XVII, seguindo a tipoloxía máis frecuente na comarca. Está situada no Campo do Monte. A arquitectura da igrexa é sinxela e sobria: está formada por unha planta rectangular, cunha fábrica de cachotaría recebada e pintada agás nos esquinais, e enmarcados nos vans que son de cantería de granito. A igrexa está cuberta de tella e o zócolo é con cornixa voada, sobre da que vai a espadana de dous ocos de campás, moldura mixtilínea embaixo da espadana. Na decoración interior destacan os elementos de carácter xeométrico, que conforman a súa característica principal. No eixo vertical a está porta de entrada rectangular e un oco pequeno que remata na espadana[2][3].

No adro da igrexa está tamén o ceminterio e superficies axardinadas con árbores autóctonas. No medio do adro diante da fachada, hai unha pila bautismal histórica[2].

Cruceiro de Santa Cristina[editar | editar a fonte]

O cruceiro de Santa Cristina está no Campo da festa. Aséntase nunha plataforma cuadrangular con dous pés de formigón. O pedestal é un tronco piramidal e o varal ten unha sección octogonal que comeza e remata en forma de cadrado. O capitel está moldurado e ten unha cruz de sección octogonal, cun botón central e remates florenzados[2].

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Chan do Castro, Castro de Montouto[editar | editar a fonte]

Lo lugar de Santín atópase un asentamento fortificado da idade de ferro-romano cunhas dimensións de 160 por 200 metros. Arestora o Castro de Montouto está cuberto por vexetación e non se aprecia a súa morfoloxía. Apréciase que se trataría dunha coroa circular cunha primeira explanada que non pecha o recinto por en enteiro, e outra maior ca a anterior que englobaría a todo o conxunto. A conservación é regular e as pistas que se construíron na zona cortan o seu extremo suroriental[2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Abegondo.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Montouto[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Montouto no concello de Abegondo (A Coruña)

Ar | O Campo do Monte | As Carballas | A Casanova | O Couto | O Couto do Medio | O Empalme | A Fraga | O Franco | As Nogueiras | O Pazo | Quintán | San Bartolomeu | Santín | A Taberna Nova

Parroquias da Abegondo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Abegondo

Abegondo (Santaia) | Cabanas (San Xián) | Cerneda (San Salvador) | Cos (Santo Estevo) | Crendes (San Pedro) | Cullergondo (Santa María) | Figueroa (San Miguel) | Folgoso (Santa Dorotea) | Leiro (Santaia) | Limiñón (San Salvador) | Mabegondo (San Tirso) | Meangos (Santiago) | Montouto (Santa Cristina) | Orto (San Martiño) | Presedo (Santa María) | Sarandós (Santa María) | Vilacova (San Tomé) | Viós (San Salvador) | Vizoño (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]"Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media : tesis doctoral". Sánchez Pardo, José Carlos. 2008.
  2. 2,02,12,22,3 [2] Orde do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo (A Coruña)
  3. [3] Turgalicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Montouto,_Abegondo&oldid=4575819"