Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro
San Vicenzo de Pombeiro 1.jpg
Fachada da igrexa.
Datos xerais
TipoIgrexa parroquial
Coordenadas42°26′53″N 07°42′10″O / 42.44806, -7.70278Coordenadas: 42°26′53″N 07°42′10″O / 42.44806, -7.70278
Culto
CultoCatólico
DioceseLugo
Arquitectura
ConstruciónSéculo X
Estilorománico
editar datos en Wikidata ]

O mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro ou San Vicente Polumbario é unha edificación relixiosa da que queda a igrexa de estilo románico situada na parroquia de Pombeiro do concello de Pantón na Ribeira Sacra.

Historia[editar | editar a fonte]

De orixes eremíticas, remontables ao Reino Suevo, semella ter sido fundada pola raíña de Galicia Goto Muñiz, dona de Sancho Ordóñez no século X. En 1109, a raíña Urraca doouna á Orde de Cluny. Coincidindo co esplendor do monacato medieval, foi reedificada no século XII e XIII. Foi priorado ata o 1526 en que foi asumido polo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Igual que outros mosteiros bieitos, as reformas dos Reis Católicos, sometérono á Congregación de Valladolid.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Contén tres naves e os correspondentes tras ábsidas. A portada principal, enmarcada entre contrafortes e baixo un decorado gardachoivas é de estilo protogótico. As outras portadas, de época similar, son tamén de notable interese arquitectónico medieval, a do norte, tamén enmarcada en contrafortes, sitúase baixo un aprezable rosetón.

Existen pinturas interiores do século XV, e retablos renacentista e barroco.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Detalle porta principal. 
Detalle porta principal. 
Detalle porta principal. 
Ábsida. 
Fiestra da ábsida. 
Decoración da ábsida. 
Detalle dunha porta secundaria. 
Porta lateral do templo. 
Detalle decorativo da porta lateral. 
Detalle decorativo da porta lateral. 
Lateral da igrexa. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mosteiro_de_San_Vicenzo_de_Pombeiro&oldid=4972546"