Motorsport Arena Oschersleben

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hockenheimring
Plano do Circuíto
Motorsport Arena Oschersleben.svg
Datos
Carreiras DTM
Localización Alemaña Oschersleben, Saxonia-Anhalt, Alemaña
Lonxitude 4´574 km
Curvas 14
Volta rápida (2011) 1:18.846
Piloto Record Flag of Russia.svg Sergey Afanasyev (Auto GP)
O DTM no ano 2007.

O Motorsport Arena Oschersleben (antigamente chamado Motopark Oschersleben) é un autódromo localizado na vila de Oschersleben (a uns 30 km da cidade de Magdeburgo), Saxonia-Anhalt, Alemaña. O trazado principal do autódromo conta cunha lonxitude total de 3'667 quilómetros e cun número total de 14 curvas.

O día 25 de xullo do ano 1997 o circuíto foi inaugurado co nome de Motopark Oschersleben. Naquel tempo, este autódromo foi o terceiro circuíto permanente de toda Alemaña despois de Nürburgring e de Hockenheimring.

No pasado, o Motorsport Arena Oschersleben foi sede do Campionato Mundial de Turismos entre o 2005 e o 2011, do Campionato Europeo de Turismos entre 2001 e 2004 e tamén doutros campionatos de prestixio como o Campionato FIA GT1 ou o Campionato do mundo de Superbikes noutras datas. Actualmente o circuíto só acolle unha competición de grande importancia: o DTM.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Motorsport_Arena_Oschersleben&oldid=4169172"