Mourente, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°26′18″N 08°36′48″O / 42.43833, -8.61333

Mourente
Mourente.jpg
Igrexa parroquial.
ConcelloPontevedra
Área6,99 km²
Poboación1.962 hab. (2017)
Densidade280,69 hab./km²
Entidades de poboación20

Santa María de Mourente é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2018 tiña 2016 habitantes (1066 mulleres e 950 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2008 cando tiña 2107 habitantes.

Topónimo[editar | editar a fonte]

Mourente provén do xenitivo do antropónimo tardorromano MAURENTIUS[1], usado na expresión VILLA(M) MAURENTII ('a casa ou a granxa de Maurentius'). O topónimo xa foi estudando no século XVIII por frei Martín Sarmiento[2], quen viviu parte da súa infancia nesta parroquia[3]. A primeira atestación escrita do topónimo, na súa forma "Sancta Maria de Maurenti", aparece nun documento de 30 de marzo de 1019, onde o rei Afonso V confirma as posesións do bispado de Iria na contorna do Castelo da Cedofeita (Lérez)[4][5][6].

Historia[editar | editar a fonte]

Mourente constituíu concello de seu entre 1841 e 1867, abranguendo as freguesías de Bora, Marcón e Tomeza. O núcleo urbano de Monte Porreiro viviu un espectacular crecemento demográfico desde mediados do século XX.

Na parroquia encóntrase un centro adscrito á Universidade Nacional de Educación a Distancia, así como a Cidade Infantil Príncipe Felipe e o hospital de Montecelo, que forma parte do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Carballo de santa Margarida.
O Mouro de Mourente na igrexa parroquial.

A igrexa parroquial está dedicada a Santa María, padroeira da parroquia na súa advocación da asunción. O remate da construción do templo e do seu adro data de 1769. Ten unha planta de cruz latina dunha soa nave e é de estilo barroco con influencia do neoclásico, sobre todo na súa fachada. Para a súa construción empregáronse materiais da antiga igrexa medieval.[7][8] No interior da igrexa encóntrase o famoso Mouro de Mourente, un atalante de gran tamaño esculpido en granito e que sostén o púlpito. O Mouro de Mourente é obxecto dunha lenda difundida por Antonio Blanco Freijeiro no álbum Pontevedra, boa vila (1947) do debuxante Agustín Portela Paz.[8][9]

Ademais da igrexa parroquial hai tres capelas na parroquia:

  • A capela de san Mamede (de estilo románico, dos séculos X e XI) situada en Moldes, foi trasladada no século XX para o interior do cemiterio municipal de San Amaro tras ser adquirida polo concello. É de estilo románico, con planta dunha soa nave e ábsida rectangular dividida en dous corpos, reforzados por contrafortes e bóveda de canón apuntada.
  • A capela de Santa Margarida, de estilo románico, acolle no seu adro un carballo centenario de sona que está incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia.
  • A capela de San Amaro está a carón do camposanto municipal do mesmo nome.

Festas[editar | editar a fonte]

O 15 de agosto celébrase a festa patronal. Tamén se conmemora o día da Virxe do Carme (domingo anterior ao 16 de xullo) e santa Margarida (primeiro domingo de agosto). En marzo celébrase a festa gastronómica do caldo galego.

Trivia[editar | editar a fonte]

Frei Martín Sarmiento pasou parte da súa infancia en Mourente, até 1710. Viviu no pazo que seu pai mandou construír ao lado da capela de Sta. Margarida e do seu famoso carballo. Non se sabe cantos anos viviu en Mourente, pero as súas vivencias na parroquia quedarán reflectidas na súa obra. En concreto, é en Mourente onde o Padre Sarmiento coñece o Marcos da Portela, veciño do lugar do Outeiro, próximo a Santa Margarida, e en quen se inspirará para crear o famoso personaxe do Coloquio de veinticuatro gallegos rústicos. Ao pazo familiar de Mourente volta nas súas visitas a Galiza en 1725, 1745 e 1755[7].

Manuel Portela Valladares tamén se criou en Mourente, ao ser profillado polos seus tíos, que vivían nun pazo ao lado da capela de Santa Margarida[7].

Josefa Iglesias Vilarelle exerceu como mestra na parroquia durante moitos anos, até o punto de ser coñecida como "a mestra de Mourente". Participou activamente no galeguismo durante dos anos 20 e 30 do século XX e foi a primeira autora dun manual para o ensino da lectura e escrita do galego[10][11].

O grupo musical coñecido coma Projecto Mourente, toma o nome desta parroquia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Mourente[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Mourente no concello de Pontevedra

Areás | A Bouza | Os Campos | Carabelos | Casas Novas | Condesa | Cons | Eirós | Freixeiro | A Laxe | Moldes | Monte Porreiro | O Monte | Mourente | O Outeiro | O Pazo | A Raxeira | San Amaro | Santa Margarida | Vilaverde

Parroquias de Pontevedra[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | O Burgo (Santiago Peregrino) | Campañó (San Pedro) | Campolongo (San Xosé) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Notas

  1. Francovich Onesti, Nicoletta (2012). "Discontinuità e integrazione nel sistema onomastico dell'Italia tardoantica: l'incontro coi nomi germanici". En La trasformazione del mondo romano e le grandi migrazioni. Nuovi popoli dall'Europa settentrionale e centro-orientale alle coste del Mediterraneo. Atti del convegno internazionale di studi. Cimitile-Santa Maria Capua Vetere, 16-17 giugno 2011. Giornate sulla tarda antichità e il Medioevo (4). Tavolario, Cimitile, pp. 33-50. ISBN 978-88-904323-5-4
  2. Sarmiento, Martin. (1997). Colección de voces y frases gallegas ([Réimpr.] ed.). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 9788474819366. OCLC 716094840. 
  3. "Desde Mourente para Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-09-26. Consultado o 2019-07-02. 
  4. González-Paz, Carlos Andrés (2007-06-27). "Catro exemplos de fortificacións altomedievais galegas do seculo X: Castellum de Aranga, Castellum Minei, Castellum Berreti e castellum de Citofacta". 
  5. Sánchez Ameijeiras, Rocío. "Entre acordose desacordos: o Lérez,unha fronteira medieval." (PDF). Asociación Cedofeita. Consultado o 02/07/2019. 
  6. Abilleira Sanmartín, Xosé. "O castellum de Citofacta en Lérez. Uns comentarios sobre a súa documentación.". Asociación Cedofeita. Consultado o 02/07/2019. 
  7. 7,07,17,2 Morgade Martínez, Xosé Carlos (2002). Martín Sarmiento en Mourente. O encanto dunha paraxe emblemática. Concello de Pontevedra. ISBN 84-699-8228-1. 
  8. 8,08,1 García Cendón, Manuel (1984). Mourente, un anaco de historia. 25 anos de historia. 1959-1984. (Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente). 
  9. Pontevedra, boa Vila. La Coruña: Consellería da Presidencia. 1985. ISBN 845051598X, 9788450515985 |isbn= incorrecto: invalid character (Axuda). OCLC 433749073. 
  10. "Xosefa Iglesias Vilarelle | Álbum de mulleres | culturagalega.org". culturagalega.gal. Consultado o 2019-08-08. 
  11. "Josefa Iglesias Vilarelle". Do Gris Ao Violeta. Consultado o 2019-08-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mourente,_Pontevedra&oldid=5229179"