Murallas Reais de Ceuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 35°53′19″N 5°19′08″O / 35.88861, -5.31889

Vista das murallas.

As Murallas Reais de Ceuta son un conxunto momumental da cidade autónoma de Ceuta, que data do ano 962 na súa parte máis antiga e a máis moderna do século XVIII.

O foso de San Filipe divide o conxunto monumental en dúas partes, á vez que divide tamén en dúas partes á cidade de Ceuta. Estas están unidas por tres pontes que o cruzan, dous no extremo norte e un no extremo sur da canle. Este foso caracterízase por ser navegable para pequenas embarcacións, o que acurta o camiño entre a baía norte e a baía sur da cidade, xa que de non existir este paso deberíase rodear a península de Almina.

Esta fortificación construíuse para defender o istmo que separa a península de Almina, onde se asentaba a antiga cidade, do continente africano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Murallas_Reais_de_Ceuta&oldid=4631948"