Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 43°00′33″N 07°33′29″O / 43.00917, -7.55806

Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo
Catedral de Lugo..JPG
Museo de Lugo.
País Galicia Galiza
Cidade Lugo
Tipo Histórico, cultural
Administrador Igrexa católica
Director Jesús Guerra
Inauguración 1918
Sitio Web Museo Diocesano

O Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo é un museo situado en Lugo, Galicia, que acolle pezas de distinto interese, sobre todo de carácter relixioso.

Descrición[editar | editar a fonte]

Réplica do Crismón de Quiroga, do s. V, procedente da igrexa de Santa María da Ermida (Quiroga, Lugo), exposto no Museo Diocesiano e Catedralicio de Lugo.
Cancela de Saamasas

O museo Diocesano atópase dentro da catedral de Lugo. Foi fundado en 1918 por Alfredo Lorenzo López. Accédese ao mesmo a través do claustro proxectado por Frei Gabriel das Casas e executado por Fernando de Casas Novoa entre 1708 e 1714. O museo está formado polo claustro, o triforio da catedral e outras dependencias próximas. No museo expóñense máis de dúas mil pezas de diverso carácter e interese, a máis importante das cales, e máis coñecida, é o Crismón de Quiroga de comezos do século V.

Despois de tres anos de reformas, reabriu en 2017.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Museo_Diocesano_e_Catedralicio_de_Lugo&oldid=4430838"