Nagorno-Karabakh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para o Estado non recoñecido véxase: República de Artsakh.

Nagorno-Karabakh (en armenio: Լեռնային Ղարաբաղի Հանրապետություն, en azarí: Dağlıq Qarabağ ou Yuxarı Qarabağ, literalmente significa "Karabakh montañoso" ou "Alto Karabakh"; en ruso: Нагорный Карабах, Nagornyy Karabakh), historicamente coñecido como Artsakh (en armenio: Արցախ), é unha rexión da antiga República Socialista Soviética de Acerbaixán, situada no sur do Cáucaso. Localízase a preto de 270 km ao oeste da capital de Acerbaixán, Bakú. É unha rexión maioritariamente poboada por armenios que pasou á xurisdición de Acerbaixán en 1923, debido a unha decisión de Stalin.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Área controlada polos armenios.
  • Superficie: 4.400 km².
  • Poboación: 145.000 hab. (est. 2002). A gran maioría da poboación (95%) é de etnia armenia, e o 5% de minorías étnicas.
  • A capital é a cidade de Stepanakert.

Esta provincia armenia autoproclamada república independente, non recoñecida por ningún país excepto Armenia, o 10 de decembro de 1991, fica situada no macizo do Pequeno Cáucaso. O seu relevo culmina no monte Jiamys. O río Terter é o principal curso de auga.

Economía[editar | editar a fonte]

Nas ladeiras e nos vales cultívanse árbores froiteiras, tabaco e viñas, alén de cereais e algodón. A sericultura e a cría de gado bovino e ovino están moi difundidas. O principal centro industrial ata o conflito de 1991 era a cidade de Stepanakert. As industrias máis importantes eran as madeireiras e as alimentarias.

Historia[editar | editar a fonte]

Red kurdistan 1930.png
Véxase tamén: República de Artsakh.

Nagorno-Karabakh é un enclave de poboación armenia cristiá encravado en Acerbaixán (país maioritariamente islámico) onde, entre 1987-1988 deflagrou un conflito moi sanguento. Este conflito foi aínda máis atizado debido ao pogrom masivo anti-armenio organizado pola cidade acerbaixana de Sumgait a finais de febreiro de 1988 - a primeira explosión de violencia étnica nesta antiga república soviética. En novembro do 1991, esperando debelar as contestacións armenias, o parlamento acerbaixano aboliu o estatuto de autonomía da rexión. Como resposta os armenios de Nagorno-Karabakh realizaron un referendo o 10 de decembro de 1991, no cal a esmagadora maioría da poboación votou pola independencia. A comunidade acerbaixana de Nagorno-Karabakh boicoteou o referendo.

Estes acontecementos conduciron a accións violentas contra armenios que vivían en Bakú e o resto de Acerbaixán, e de acerbaixanos residentes en Armenia. Como resultado, unha vasta maioría de acerbaixanos de Armenia e armenios en Acerbaixán (excepto Nagorno-Karabakh) víranse obrigados a saír. Aos eventos de violencia civil seguiu unha guerra entre Armenia e Acerbaixán. As accións militares foron fortemente influenciadas pola inspiración militar rusa. As vitorias das ofensivas armenias nos anos seguintes proporcionáranlle o control de gran parte do territorio, ata que o 12 de maio de 1994 foi negociado un acordo de alto o fogo que permanece en vigor aínda hoxe.

Actualmente Nagorno-Karabakh é de feito un estado independente autoproclamándose República de Artsakh. Fortemente dependente da República de Armenia, usa a súa moeda, o dron. Os sucesivos gobernos armenios teñen resistido á presión interna de unir Nagorno-Karabakh a Armenia, temendo as represalias de Acerbaixán e da comunidade internacional, que considera Nagorno-Karabakh parte de Acerbaixán. A política de Armenia e de Nagorno-Karabakh están tan intimamente ligadas que un antigo primeiro ministro da República de Nagorno-Karabakh, Robert Kocharian, tornouse primeiro ministro (1997) e despois presidente de Armenia (de 1998 ata o presente).

En setembro de 2004 realizáranse conversacións entre os presidentes de Armenia e de Acerbaixán, mais a disputa por este territorio continúa e o futuro permanece incerto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nagorno-Karabakh&oldid=5088268"