Namibia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 22°S 17°L / -22, -17

República de Namibia
Republic of Namibia (en inglés) (oficial)
Republiek van Namibië (en alemán)
Republik Namibia (en afrikaans)
Bandeira de Namibia
Escudo de Namibia
BandeiraEscudo
Namibia (orthographic projection).svg
Lema: Unity - Liberty - Justice'
(inglés:
Unidade – Liberdade - Xustiza)
Himno: ''Namibia, Land of the Brave''
Capital
 • Poboación
Windhoek
228 500 (2003)
Cidade máis poboadaWindhoek
Linguas oficiaisinglés.1
Ademais, fálanse afrikaans, alemán, rukwangali, silozi, setswana, khoekhoe, herero e oshiwambo.[1]
Forma de gobernoRepública semipresidencialista.[2][3]
Hage Geingob.[4]
Nangolo Mbumba
Saara Kuugongelwa-Amadhila
Independencia de Suráfrica21 de marzo de 1990
SuperficiePosto 34º
 • Total824 292 km²
 • % augaDesprezable (1 002 km²)[5]
Fronteiras4 220 km km
Costas1 572 km
PoboaciónPosto 142º
 • Total2 030 692 hab.
 • Densidade2,5 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 127º
 • per cápita6 658 US$
MoedaDólar namibio ou namibiano (NAD)
IDHn/d
XentilicioNamibio, namibia [6] ou namibiano, namibiana [7]
Fuso horarioUTC + 1
 • Horario de veránUTC + 2
Dominio de Internet.na
Prefixo telefónico+264
Prefixo radiofónicoV5A-V5Z
Código ISO516 NAM NA
1 A maioría da poboación branca fala alemán ou afrikaans. Ambas as linguas foron idiomas oficiais ata 1990, cando o país logrou a independencia.

Namibia é un país da África austral, o máis seco da África subsahariana,[8] que está limitado ao norte por Angola e por Zambia, ao leste e ao sur por Botswana, ao sur por Suráfrica e ao oeste polo océano Atlántico. A súa capital, e a súa cidade máis poboada, é Windhoek.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes de Namibia foron probabelmente os san (bosquímanos), seguidos dos namas e dos damaras. A partir do século XIV entraron na rexión diversos grupos bantús, entre os que se encontraban os hereros e os ovambos.

Os europeos chegaron en número considerábel durante a segunda metade do século XV; as costas da actual Namibia foron exploradas polo navegante portugués Bartolomeu Dias en 1486, pero a aridez do territorio non estimulou a súa colonización nese momento. A historia recente de Namibia comezou en xaneiro de 1793, cando os neerlandeses reclamaron Walvis Bay. O interior do país foi explorado polos europeos durante o século XIX. En 1815, coa anexión da colonia do Cabo da Bona Esperanza neerlandesa polos británicos, o porto de Walvis Bay pasou a formar parte do seu territorio. En 1884 Alemaña creou no país unha colonia co nome de África Suroccidental alemá, que tamén se coñeceu como África do Suroeste alemá (Deutsch-Südwestafrika), coa excepción do territorio en torno a Walvis Bay que era de posesión británica.

Suráfrica, dominio británico, ocupou Namibia durante a Primeira Guerra Mundial e, despois do tratado de Versalles, administrou o país como un mandato da Sociedade de Nacións até a Segunda Guerra Mundial, momento no que as autoridades surafricanas anexionaron unilateralmente o territorio. En 1966 a Organización do Pobo de África do Suroeste (en inglés South-West African People's Organization), de inspiración marxista, iniciou unha guerrilla independentista contra as forzas surafricanas, e no mesmo ano a Organización das Nacións Unidas revogou o mandato que a Sociedade de Nacións outorgara a Suráfrica para administrala. No ano 1988, a República Surafricana decidiu pór fin ao seu control aceptando un plan de paz da ONU, que conduciu á plena independencia de Namibia en 1990. A rexión de Walvis Bay permaneceu baixo control surafricano como enclave, pero finalmente foi cedido a Namibia en 1994.

Política[editar | editar a fonte]

Namibia é unha república semipresidencialista.[2][3]. O presidente é o Xefe de Estado, elixido por sufraxio universal a cada 5 anos. O xefe de goberno é o Primeiro Ministro, nomeado polo presidente.

O parlamento é bicameral, composto polo Consello Nacional (National Council) de 26 membros elixidos a cada 6 anos, e a Asemblea Nacional (National Assembly) de 78 membros, sendo 72 elixidos cada 5 anos e outros seis designados polo presidente.

A constitución do país é de 21 de marzo de 1990, día da independencia do país.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O país abarca una superficie de 824 292 km², as súas fronteiras teñen unha lonxitude de 4 220 km (con Angola 1 427 km, con Botsuana 1 544 km, con Suráfrica 1 005 km e con Zambia 244 km; mentres que a lonxitude da súa costa é de 1 572 km.[5]

Relevo[editar | editar a fonte]

O litoral namibio é pouco recortado e está bordeada polo deserto de Namib nunha franxa duns 50 km de anchura media. Desde aí érguense unha serie de cadeas montañosas, en parte transversais e en parte paralelas á costa, que en determinados puntos da parte central superan os 2 000 m de altitude (Brandberg, 2 606 m; monte Erongo, 2 350 m; Gonsberg, 2 332 m). Unha serie de ríos curtos baixan desde estes cordais cara ao océano Atlántico, creando varios ríos transversais, pero dada a sequidade do clima, a maioría non chegan até o mar, formando porén lagoas endorreicas pantanosas no mesmo deserto, pero son moi importantes para a subsistencia da flora e a fauna. Só algúns destes cursos como o río Ugab ou o Kuiseb desaugan no mar.

Tras as cadeas montañosas érguese un extenso planalto, de entre os 800 e os 1 200 m de altura media, que ocupa o centro do país desde o norte ao sur. Nel aséntase a capital, Windhoek, a máis de 1 600 m de altitude.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

A costa de Namibia está limitada por dous grandes e caudalosos ríos: ao norte o Cunene, que serve de fronteira con Angola e ao sur o Orange, que fai o mesmo papel a respecto da República Surafricana. Como a zona norte é a única do país que supera os 500 mm anuais de precipitacións, xunto co Cunene e os tributarios do gran río endorreico internacional, o Okavango, é o único territorio namibio onde é posíbel o agro (millo, sorgo) e a gandaría. No sur o Oranxe ten algún grande afluente, como o Fish, pero pola contra penetra, polo leste, o deserto de Kalahari.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subsivisións de Namibia.

Namibia está dividida, despois de que a antiga rexión de Kavango en 2013 fora dividida en dúas, en 14 rexións:

Mapa de Namibia coas súas rexións
  1. Kunene
  2. Omusati
  3. Oshana
  4. Ohangwena
  5. Oshikoto
  6. Kavango Occidental
  7. Kavango Oriental
  8. Zambezi
  9. Erongo
  10. Otjozondjupa
  11. Omaheke
  12. Khomas
  13. Hardap
  14. Karas

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Namibia.

Demografía[editar | editar a fonte]

Muller himba orixinaria de Namibia.

Namibia é un país con cerca de 1 500 000 habitantes, concentrados sobre todo no norte e na zona da capital. A densidade de poboación é moi reducida ou mesmo nula, como no caso da rexión da Costa dos Esqueletos.

A taxa de natalidade é alta, mais a porcentaxe de individuos seropositivos do VIH atinxe a preto do 15 % da poboación, polo que non se espera un grande crecemento nos próximos anos. As estimacións para este país (xullo de 2016) teñen en conta explicitamente os efectos do exceso de mortalidade debido á SIDA; isto pode implicarar unha menor esperanza de vida, maior mortalidade infantil, maiores taxas de mortalidade, menores taxas de crecemento da poboación, e cambios na distribución da poboación por idade e sexo con respecto ao que se esperaría se outro fora o caso.[1]

Linguas[editar | editar a fonte]

O inglés é o idioma oficial. Ademais, Namibia conta con 13 linguas nacionais recoñecidas, incluíndo 10 linguas africanas indíxenas e 3 linguas indoeuropeas (estimación do 2011):[1]

  • Oshiwambo, falado polo 48,9 % da poboación;
  • Nama, polo 11,3 %;
  • Afrikaans, polo 10,4 % (é a lingua común da maioría da poboación e de cerca do 60 % da poboación branca; o 40 % restante fala principoalmente alemán ou inglés);
  • Herero polo 8,6 %;
  • Kavango, polo 8,5 %;
  • Linguas de Caprivi, polo 4,8 %;
  • Inglés (oficial), polo 3,4 %;
  • Outros idiomas africanos, polo 2,3 %.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 CIA: Oratlas Nambia. Gente y sociedad (en castelán).
  2. 2,02,1 Shugart, Matthew Søberg (setembro de 2005): "Semi-Presidential Systems: Dual Executive and Mixed Authority Patterns" (PDF). Graduate School of International Relations and Pacific Studies. United States: University of California, San Diego. Arquivada do orixinal o 19 de agosto de 2008. Consultada o 7 de agosto de 2019.
  3. 3,03,1 Shugart, Matthew Søberg (decembro de 2005): "Semi-Presidential Systems: Dual Executive AndMixed Authority Patterns" French Politics 3: (323–351). Consultada o 4 de agosto de 2016. (cita: "Of the contemporary cases, only four provide the assembly majority an unrestricted right to vote no confidence, and of these, only two allow the president unrestricted authority to appoint the prime minister. These two, Mozambique and Namibia, as well as the Weimar Republic, thus resemble most closely the structure of authority depicted in the right panel of Figure 3, whereby the dual accountability of the cabinet to both the president and the assembly is maximized. (...) Namibia allows the president to dissolve [the assembly] at any time but places a novel negative incentive on his exercise of the right: He must stand for a new election at the same time as the new assembly elections."
  4. "Namibia inaugurates President Hage Geingob" The Namibian, 21 de marzo de 2015. Consultado o 7 de agosto de 2019.
  5. 5,05,1 Oratlas Nambia. Geografía (en castelán).
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para namibio.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para namibiano.
  8. Peter Shadbolt (24 October 2012). "Namibia country profile: moving on from a difficult past". CNN. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Vedder, Heinrich (1997). Das alte Südwestafrika. Südwestafrikas Geschichte bis zum Tode Mahareros 1890 (en alemán) (7ª ed.). Windhoek: Namibia Scientific Society. ISBN 0-949995-33-9. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Namibia&oldid=5218303"