Napoleón II de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Napoleón II de Francia
Le duc de Reichstadt.jpg
Nacemento20 de marzo de 1811 e 28 de marzo de 1811
 París
Falecemento22 de xullo de 1832
 Viena
Causatuberculose
SoterradoOs Inválidos
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Ocupacióndebuxante
PaiNapoleón I de Francia
NaiMaría Luísa de Austria
IrmánsÉmilie Pellapra, Eugène de Beauharnais, Count Alexandre Joseph Colonna-Walewski, Jules Barthélemy-Saint-Hilaire, Charles Léon, William Albert, 1st Prince of Montenuovo, Eugen Megerle von Mühlfeld e Estefânia de Beauharnais
PremiosGrand Cross of the Legion of Honour e Knight Grand Cross of the Order of Saint Stephen of Hungary
editar datos en Wikidata ]

Napoleon II, nado o 20 de marzo de 1811 e finado o 22 de xullo de 1832, fillo de Napoleón Bonaparte foi brevemente o segundo emperador francés.

Napoleón II

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Napoléon François Joseph Charles, foi coñecido desde o seu nacemento como rei de Roma, a súa nai foi a segunda esposa de Napoleón, a arquiduquesa María Luísa de Austria. Tres anos despois do seu nacemento en París e co derrube do Primeiro Imperio Francés, Napoleón abdicou no seu fillo o 4 de abril de 1814, o 6 dese mes Napoleón renuncia el e a súa descendencia á coroa francesa. En 1815 coa volta de Napoleón ó poder restaurase o título de Príncipe imperial pero non o de rei de Roma. Trala desfeita de Waterloo, Napoleón abdica o 22 de xuño de 1815 e a Cámara de Representantes e dos Pares recoñecen a Napoleón II como emperador malia vivir en Vienne en poder dos aliados, o 7 de xullo estes entran en París e poñen fin ó réxime, Napoleón II viviu o resto dos seus días en Austria co dereito a levar o título de duque de Reichstadt. Morreu de tuberculose no seu palacio de Viena ós 21 anos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Napoleón_II_de_Francia&oldid=4963767"