Nevado del Ruiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nevado do Ruiz
Nevado del Ruiz 1985.jpg
Emanacións de vapor en setembro de 1985.
Elevación: 5,389 m (17,784 pés)
Latitude: 4° 53′ N
Lonxitude: 75° 22′ W
Lugar: Colombia
Cadea montañosa: Andes
Tipo: -
Primeira ascensión: 1936 por M. Rapp e equipo

Nevado del Ruiz é un volcán nevado en Colombia.

O 13 de novembro de 1985 o Nevado del Ruiz entrou en erupción. O fluxo piroclástico fundiu o glaciar e a neve do cume, xerando avalanchas de lodo. Estas avanzaron costa abaixo a través de ríos alcanzando distancias de até 100 km.

Vivendas e poboacións foron devastadas ao seu paso. A poboación de Armero foi a máis afectada ao quedar completamente cuberta. Aproximandamente 21.000 persoas (dun total de 28.700) morreron en Armero. As avalanchas causaron, segundo datos estimativos, 23.000 mortes, 5.000 feridos, e destruíron máis de 5.000 vivendas. Esta foi a segunda erupción volcánica máis devastadora no século XX despois da erupción do Monte Pelée en 1902.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nevado_del_Ruiz&oldid=5090106"