New Order

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
New Order
2005-06-11 New Order live.jpg
Orixe Salford, Greater Manchester, Inglaterra Flag of England.svg
Período 1980 - 1993
1998 - 2007
2011 - presente
Xénero(s) synthpop, dance alternativo, post-punk, new wave, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) Factory, London, Qwest, Warner Bros., Reprise
Membros Bernard Sumner
Stephen Morris
Gillian Gilbert
Phil Cunningham
Tom Chapman
Antigos membros Peter Hook

New Order é unha banda inglesa formada en 1980 por Bernard Sumner (voces, guitarras, sintetizadores), Peter Hook (baixo, coros, batería electrónica) e Stephen Morris (batería, sintetizadores). New Order formouse a raíz da desaparición do seu anterior grupo, Joy Division, despois do suicidio do vocalista Ian Curtis. Posteriormente uníuselles a teclista Gillian Gilbert.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

New Order combinou post-punk e dance electrónico e converteuse nunha das bandas máis aclamadas pola crítica e máis influentes dos anos 80. A pesar de que nos seus primeiros anos estivo ensombrecida polo legado de Joy Division, a súa inmersión na escena de clubs de Nova York a principios dos 80 aumentou os seus coñecementos sobre a música dance. O seu hit de 1983 "Blue Monday" achegounos de cheo á música dance e aos instrumentos sintetizados, e trátase do sinxelo de 12" máis vendido da historia. New Order foi a banda insignia do selo Factory Records, e as súas portadas minimalistas reflectían a estética do selo. A banda foi considerada frecuentemente tanto polos seareiros, coma críticos e outros músicos como unha forza moi influente nas escenas do rock alternativo e da música dance.

New Order estivo en hiato entre 1993 e 1998, tempo durante o cal os seus membros participaron en varios proxectos paralelos. A banda reuníuse en 1998 e no 2001 editaron Get Ready, o seu primeiro álbum en oito anos. No 2005 Phil Cunningham (guitarra, sintetizadores) substituíu a Gilbert, que deixara o grupo debido a compromisos familiares.

No ano 2007 Peter Hook deixou a banda e afirmou que el e Sumner non tiñan máis plans para traballar xuntos. Sumner revelou no 2009 que xa non desexaba facer máis música como New Order. Sumner e Cunningham agora traballan xuntos na banda Bad Lieutenant. Hook editou música con Freebass, unha banda inglesa con tres baixistas, Hook, Andy Rourke (antigamente en The Smiths) e Gary "Mani" Mounfield (antigamente en The Stone Roses e na actualidade en Primal Scream) co cantante Gary Briggs (antigamente de Haven). A banda reuníuse en 2011 sen Hook, regresando Gilbert e con Tom Chapman ocupando o lugar do baixo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • Substance 1987 - 1987 (Factory, Qwest)
  • The John Peel Sessions - 1990 (Strange Fruit)
  • (the best of) New Order - 1994 (London, Qwest)
  • (the rest of) New Order - 1995 (London, Qwest)
  • Before & After – The BBC Sessions - 2002 (Fuel 2000)
  • International - 2002 (London)
  • Retro - 2002 (London)
  • In Session - 2004 (Strange Fruit)
  • Best Remixes - 2005 (Warner Bros.)
  • Singles - 2005 (Warner Bros.)
  • iTunes Originals – New Order - 2007 (London)
  • Total: From Joy Division to New Order - 2011 (WEA UK, Rhino)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=New_Order&oldid=4291930"