Nicasio Guisasola Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nicasio Guisasola Domínguez
Nicasio Guisasola Domínguez 1934.jpg
Nacemento1900
Falecemento10 de xuño de 1940
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Nicasio Guisasola Domínguez Gil, nado en 1900 e finado en Talavera de la Reina o 10 de xuño de 1940, foi un enxeñeiro agrónomo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro agrónomo, era o propietario da fábrica de cerámica da Fianteira en Vilalonga (Sanxenxo). Foi deputado pola provincia de Pontevedra pola CEDA nas eleccións xerais de 1933. Durante a Guerra civil alistouse na Compañía de Voluntarios de Vigo e foi ferido en Villagonzalo[1]. Ao rematar a guerra foi designado Xefe da Sección Agronómica da provincia de Madrid[2]. Finou en accidente de automóbil en Talavera de la Reina en 1940 e foi soterrado en León[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xullo de 2012. 
  2. [1]
  3. Movimiento nobiliario 1931-1940. Año 1940

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nicasio_Guisasola_Domínguez&oldid=5250007"