Nicolao Aleksandrovich de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nicolao Aleksandrovich
Tsarévich de Rusia
Nikolay Alexandrovich-1863.jpeg

Nacemento 20 de setembro de 1843
Palacio de Alexandre, Tsarskoe Selo, Imperio Ruso
Falecemento 24 de abril de 1865
Niza, Francia
Predecesor Alexandre Nikolaevich
Sucesor Alexandre Aleksandrovich
Proxenitores Alexandre II de Rusia
María Aleksandrovna

Nicolao Aleksandrovich de Rusia (en ruso: Николай Александрович Романов) nado en Tsarskoe Selo o 20 de setembro de 1843 e fiando en Niza o 24 de abril de 1865, foi tsarévich do Imperio ruso desde o 2 de marzo de 1855 até a súa morte. Era chamado polo hipocorístico Nixa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o fillo maior do tsarévich Alexandre Nikolaevich e de María Aleksandrovna (María de Hesse-Darmstadt), quen ascenderon ao trono en 1855, trala morte do anterior tsar, Nicolao I.

Educación[editar | editar a fonte]

Nicolao Alexandrovich en 1881.

Lembraba pola nobreza do seu trato e a modestia de carácter á súa nai. Os profesores encargados de preparalo para acceder ao trono ruso ven nel a alguén excepcional, cuxa intelixencia e humanidade elevarían a Rusia.

Para familiarizalo co pobo ruso, Alexandre II, faino percorrer Rusia desde que cumpriu os dezaoito anos. Estas viaxes continuas acaban por cansar ao tsarévich.

As causas da súa enfermidade producen varías hipótese no diagnóstico dos médicos: segundo uns, deberíase a un arrefriado da columna vertebral tras caerse dun cabalo, segundo outros, sofre de reumatismo. Recoméndaselle un tratamento de baños de mar en Scheveningue, preto de A Haia.

Compromiso matrimonial[editar | editar a fonte]

Esperanzados nunha rápida recuperación, os seus pais deciden comprometelo no verán de 1864, coa princesa María Sofía Federica Dagmar de Dinamarca, segunda filla do rei Cristián IX de Dinamarca e de Luísa de Hesse-Kassel, e cuñada de Alberto Eduardo, Príncipe de Gales, herdeiro ao trono británico.[1] Pero a pesar dos medicamentos, os baños e as masaxes, as dores do tsarévich agrávanse día tras día, e Nicolao andaba encurvado como un ancián.

Crese que cando estaba no seu leito de morte, Nicolao expresou o seu desexo de que a súa noiva casase co seu irmán menor e sucesor como tsarévich, Alexandre.

Morte[editar | editar a fonte]

Nicolao cría ter unha constitución forte ata que foi evidente que non era así. Crese que contraeu bronquite e foi enviado ao sur de Francia, onde chega en 1863, nun estado esquelético e sen apenas poder moverse. A emperatriz María Aleksandrovna instálase tamén en Niza, en vila Bermond, onde segue con angustia os progresos da enfermidade do seu fillo. Na noite do 23 ao 24 de abril de 1865, Nicolao sucumbe ante unha meninxite fulminante cerebral-espinal. De Niza, o seu corpo é levado a Villefranche (hoxe Villefranche-sur-Mer) e embarcado a bordo da fragata Alexandre Nevski para ser inhumado na catedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo[1]

A familia imperial rusa fixo construír un oratorio no lugar onde o Gran duque morreu, construíndose despois unha gran igrexa ortodoxa entre 1903 e 1913, nas proximidades do oratorio, e que é cualificada a miúdo como a catedral ortodoxa rusa de Niza.

En Niza existe un bulevar chamado Tsarévich, próximo á catedral rusa, que perpetúa o recordo do gran duque Nicolao.

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nicolao_Aleksandrovich_de_Rusia&oldid=4396014"