Nicolao IV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nicolao IV")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nicolao IV, papa
NicholasIV.jpg
Nicolao IV
Nome completoGirolamo Masci
Nacemento30 de setembro de 1227
 Lisciano
Falecemento4 de abril de 1292
 Roma
NacionalidadeSanta Sé
Relixióncatolicismo
Educado enUniversidade de Perúgia
Ocupacióndiplomático e sacerdote católico
Períodoentre 1288 e 1292
Coñecido/a porser o papa n° 191 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Girolamo Masci, nado en Ascoli Piceno (Italia) e finado o 4 de abril 1292 en Roma, baixo o nome de Nicolao IV, foi o papa n.º 191 da Igrexa católica de 1288 a 1292.

Pontificado[editar | editar a fonte]

Franciscano coñecido baixo o nome de Xerome de Ascoli, fora ministro xeral da súa Orde e foi o primeiro papa franciscano da historia da Igrexa.

En maio de 1289, Nicolao IV coroou, como rei de Nápoles e de Sicilia, a Carlos II de Anjou a cambio de que este tivese recoñecido a súa vasalaxe ao pontífice; negándose polo tanto a recoñecer a Xaime II de Aragón como rei siciliano, título que este ostentaba dende que en 1285 sucedeu ao seu pai, Pedro III de Aragón. Nesta liña, concluíu en 1291 un tratado con Afonso III de Aragón e con Filipe IV de Francia co fin de expulsar a Xaime II de Sicilia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nicolao_IV,_papa&oldid=4960170"