Nikolai Basov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nikolai Basov
Nobel prize medal.svg
Basov.jpg
Nome completoNikolai Gennadievich Basov
Nacemento14 de decembro de 1922
 Usman
Falecemento1 de xullo de 2001
 Moscova
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Educado enNational Research Nuclear University
Ocupaciónfísico, inventor, profesor e político
PremiosPremio Estatal da URSS, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, Order of the Patriotic War 2nd class, Premio Nobel de Física, Order "For Merit to the Fatherland" II class, Prêmio Kalinga, Medalha de Ouro Lomonossov, Premio Lenin, Orde de Lenin, "Hammer and Sickle" gold medal, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, "Hammer and Sickle" gold medal, doutor honoris causa e Fellow of the American Physical Society
editar datos en Wikidata ]

Nikolai Gennadievich Basov (en ruso: Николай Геннадиевич Басов), nado o 14 de decembro de 1922 e finado o 1 de xullo de 2001, foi un físico ruso. Premio Nobel de Física de 1964.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Usman, no óblast de Lipetsk, estudou en Voronesh e en 1941 ingresou na Academia Médica Militar de Kuibyshev, en 1943 deixou a Academia para marchar á fronte.

Logo de graduarse en 1950 foi profesor no Instituto de Enxeñaría Física de Moscova e traballou no Instituto de Física Lebedev, do que foi director entre 1973 e 1988. Entrou na Academia de Ciencias da URSS en 1963, foi membro do seu presidium entre 1967 e 1990.

Recibiu o Premio Nobel polos seus traballos fundamentais no campo da electrónica cuántica que conduciu á construción de osciladores e amplificadores baseados no principio dos máser e dos láser.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nikolai_Basov&oldid=4940552"