Nostradamus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nostradamus
Nostradamus by Cesar.jpg
Nome completo Michel de Nostradame
Nacemento 14 de decembro de 1503
  Saint-Rémy-de-Provence
Falecemento 2 de xullo de 1566
  Salon-de-Provence
Causa Doenza cardiovascular
Nacionalidade Francia
Relixión catolicismo
Educado en Universidade de Montpellier
Ocupación médico escritor, farmacéutico, autor e astrólogo
Pai Jaume de Nostredame
Fillos César Nostradamus
Irmáns Jean de Nostredame
Signature of Nostradamus.jpg
editar datos en Wikidata ]
Michel Nostradamus

Nostradamus, nado o 14 de decembro de 1503 e finado o 2 de xullo de 1566, foi un médico e consultor astrolóxico provenzal de orixe xudía. Está considerado un dos máis célebres autores de profecías. A súa obra profética foi publicada por vez primeira en 1555.

Boa parte dos seus seguidores afirman con rotundidade que Nostradamus foi quen de predicir todas as catástrofes do mundo, dende as acontecidas na súa época até as do vindeiro ano 3797 da nosa era, data en que supuxo que terá lugar a fin do mundo. Así mesmo, o autor colaborou coa aristocracia francesa, elaborando horóscopos para a raíña Catarina de Medici, predicindo sorprendentemente a morte do rei Henrique II e, ao cabo, sendo asignado como médico da corte real por Carlos IX.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Nostradamus&oldid=4958353"