Novo Testamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán.

O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para describir as súas relacións con Deus (ver II Corintios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o canon de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.

Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito nun curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco máis.

Libros do Novo Testamento[editar | editar a fonte]

Evanxeos de:

Cartas Paulinas:

  • Romanos.
  • I Corintios.
  • II Corintios.
  • Gálatas.
  • Efesios.
  • Filipenses.
  • Colosenses.
  • I Tesalonicenses.
  • II Tesalonicenses.
  • I Timoteo.
  • II Timoteo.
  • Tito.
  • Filemón.
  • Carta aos Hebreos anónima, tradicionalmente atribuída a Paulo.

Cartas Católicas:

  • Carta de Santiago (a meirande parte das igrexas reformadas (protestantes), non a admiten no canon).
  • I Carta de San Pedro.
  • II Carta de San Pedro.
  • I Carta de San Xoán (as epístolas xoánicas son ocasionalmente atribuídas a membros da súa comunidade de discípulos).
  • II Carta de San Xoán.
  • III Carta de San Xoán.
  • Carta de Xudas.
  • Apocalipse.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Novo_Testamento&oldid=4344217"