OU-320

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
OU-320
Tipoloxíaestrada convencional C-80
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude24,8 km
Localización
InicioPiñeira de Arcos (Sandiás)
 N-525 
FinA Ponte Noalla (Noalla, San Cibrao das Viñas)
 OU-105 

A OU-320 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Forma parte do antigo camiño de ferradura entre Ourense e Castela, posteriormente estrada Villacastín-Vigo e N-525. Comeza en Piñeira de Arcos (Sandiás) e remata na Ponte Noalla (Noalla, San Cibrao das Viñas). Ten unha distancia de 24,8 km.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Desde o seu comezo ascende cara ao alto de Allariz. Pasa por Guimarás, Nanín, Allariz, Outeiro de Orraca, Gundiás, Taboadela, O Mesón de Calvos (a carón da estación de Taboadela) e chega á Ponte Noalla. A prolongación cara a Ourense é a OU-105.

No seu percorrido conserva varios fitos quilométricos da N-525.

Varios dos seus tramos son de titularidade municipal, nos núcleos urbanos das vilas de Allariz e Taboadela[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=OU-320&oldid=4804051"